Déixanos Fernando Fraga, pioneiro da oceanografía e impulsor do Campus do Mar

O científico Fernando Fraga Rodríguez (Santiago de Compostela, 1922) faleceu o pasado sábado na súa casa de Nigrán aos 98 anos. Titular dende 1953 no actual Instituto de Investigacións Mariñas (IIM) do CSIC, con sede en Vigo, é considerado un dos pioneiros da oceanografía galega, española e mundial. Dende 1987 foi membro permanente da Real Academia Galega de Ciencias. Dedicou toda a súa vida adulta a descubrir os segredos que gardaba o mar dende unha perspectiva científica. Sempre se declarou amante do seu traballo: unha vez retirado, mantivo a mesma actividade investigadora.

Fernando Fraga foi un dos defensores da creación do Campus de Excelencia Internacional do Mar e sempre avogou que o financiamento da investigación fora constante no tempo. Dende o Campus do Mar sumámonos o seu recordo.

Fonte: Faro de Vigo



Project funded by the Spanish Ministry of Education within the framework of the Campus of International Excellence program and by the spanish Ministry of Economy and Competitiveness, within the National Plan for Scientific Research, Development and Technological Innovation.

X