IV Xornada sobre bo uso e mal uso do mar

A Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte acolle a sexta edición da Xornada sobre bo uso e mal uso do mar, que organiza conxuntamente coa Deputación de Pontevedra, o Consello da Cultura Galega e o Campus do Mar. Baixo o título Unha mirada á Axenda 2030 desde unha perspectiva de xénero: o mar das mulleres nas túas mans, a xornada terá como obxectivo impulsar un espazo de intercambio para o coñecemento de estratexias e contidos da Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable (ODS), e do seu impacto na vida das mulleres, das nenas e nenos e colectivos vulnerables.

Asisten: Jorge Soto, vicerreitor do campus de Pontevedra; Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra; Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega, e María Álvarez Lires, coordinadora da xornada.

Máis info

Programa da xornada

A xornada será retransmitida por UVigoTV.



Project funded by the Spanish Ministry of Education within the framework of the Campus of International Excellence program and by the spanish Ministry of Economy and Competitiveness, within the National Plan for Scientific Research, Development and Technological Innovation.

X