Os cafés na Ecimat volven servirse ‘con sal’

Tras o parón estival, este xoves retomouse na Ecimat o programa Cafés con Sal, o ciclo de conferencias abertas sobre temas de investigación mariña que se ven desenvolvendo no centro desde o ano 2011, e fíxoo coa intervención do estudante de doutoramento Alberto Gutiérrez, que impartiu a charla Response of bacterioplankton to anthropogenic nutrient enrichment in a dynamic  coastal system: Ría de Vigo.

Gutiérrez, adscrito ao grupo de Oceanografía Biolóxica, tivo durante a charla a oportunidade de presentar de xeito breve os resultados acadados ata o momento na súa tese, investigación que ten como principal obxectivo identificar os taxóns procariotas do plancto que responden ás variacións de nutrientes achegados polos ríos e pola deposición atmosférica, describir as súas respostas en diferentes estacións e crear un modelo preditivo que permita predicir como variará a estrutura da comunidade procariota en función do futuro incremento de nutrientes na costa.

A próxima cita do ciclo Café con Sal será o vindeiro 18 de outubro e correrá a cargo do investigador do grupo de Ecoloxía Costeira Pablo Heres, que impartirá a charla Comparative cryopreservation of molluscs.

 



Project funded by the Spanish Ministry of Education within the framework of the Campus of International Excellence program and by the spanish Ministry of Economy and Competitiveness, within the National Plan for Scientific Research, Development and Technological Innovation.

X