Effects of plastic additives on marine fish, a proteomic approach

O martes 15 de setembro ás 11h, Alexandre Martinez Schönemann, investigador predoutoral do Equipo de investigación en Ecotoxicoloxía e Contaminación Mariña – EcoTox (Grupo Ecocost, CIM-UVigo) presentará o relatorio Effects of plastic additives on marine fish, a proteomic approach.

Os usos do plástico son amplamente variables, así como as combinacións de aditivos que se lle poden agregar. Propiedades como unha maior flexibilidade, a cor ou a resistencia á calor ou ao lume conséguense engadindo substancias que, ademais de producir o efecto desexado, nalgúns casos poden ter efectos prexudiciais para os seres vivos. A carreira entre a aparición de novos aditivos e a comprobación científica do seu potencial impacto acelérase e cada vez é máis necesario utilizar ferramentas novas como a proteómica para determinar estes efectos.

Alexandre Martínez, dirixido por Ricardo Beiras (Ecotox, CIM-UVigo) e Angel P. Diz (Xenética de Poboacións e Citoxenética, CIM-UVigo), está a desenvolver a súa tese doutoral dentro do programa de doutoramento DO MAR co obxectivo principal de describir os efectos de certos aditivos sobre unha especie de peixe mariño nova en Europa, Cyprinodon variegatus, usando a proteómica.

Durante a súa conferencia, Alexandre falará dos esforzos dedicados a describir os efectos de certos aditivos dos plásticos sobre os organismos mariños usando a proteómica. O poñente centrarase na súa especie obxecto de estudio, C. variegatus, e nun dos efectos máis comúns: a disrupción endocrina. O traballo presentado por Alexandre forma parte da súa tese doutoral, financiada pola Xunta de Galicia.

Ante a situación provocada polo COVID-19 e seguindo as indicacións das autoridades competentes, a conferencia será realizada de xeito virtual, sendo retransmimtida en directo través do Campus Remoto da Universidade de Vigo, concretamente a través da Sala Virtual do Auditorio Principal do Palacio de Congresos. Para acceder siga as seguintes instruccións:

  1. Premer a URL de acceso á sala virtual ” S00-Auditorio Principal”: https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/928607699
  2. Escribir o nome e acceder como estudante coa seguinte contrasinal:  6rAsLWyz
  3. Seleccionar a modalidade de acceso con micrófono e silenciar o mesmo ata o turno de preguntas, ou acceder como oínte e escribir as preguntas a través do chat público.

O relatorio estará dispoñible de forma permanente nas webs e canais de CIM-UVigo e UVigoTV.



Web y subwebs financiadas por:

Proyecto financiado por el Ministerio de Educación en el marco del programa Campus de Excelencia Internacional y por el Ministerio de Economía y Competitividad, dentro del Plan Nacional de Investigación Científica, Desarrollo e Innovación Tecnológica.

X