Na conmemoración do Día Mundial dos Océanos (8 xuño) o Campus do Mar presenta «Océanos que unen», un concurso de debuxo e fotografía orientado a toda a familia (nenos, adolescentes e adultos) baixo a temática única que dá nome ao concurso. Chámase á participación dos cativos con debuxos que reflictan a beleza do mar, a súa diversidade e o seu papel como espazo de unión, de xuntanza en familia e amizades. Aqueles xa non tan pequenos e as persoas adultas tamén poderán pór a voar a imaxinación e facernos chegar as súas mellores fotografías. Haberá premios por categorías de idade e as obras serán expostas nas redes sociais do Campus do Mar.
Bases Descargar bases do concurso en PDF Prazo Venres 29 de maio ás 14.00 h (CET).