As cofrarías do fonda da ría de Pontevedra solicitan subvencións para proxectos que promovan a semente da ameixa babosa

As tres cofrarías do fondo da ría —Lourizán, San Telmo e Raxó— solicitaron á Consellería do Mar subvención para varios proxectos, que permitirán a sementa nos bancos de a flote de 5,2 millóns de cría de ameixa babosa. A iniciativa dos pósitos tamén prevé mellorar os seus sistemas de rexeneración dos bancos marisqueiros con a dotación do barco da lonxa de Campelo con dous novos arados, máis precisos que os empregados polos tractores en terra, que permitan remover o sedimento mariño e facilitar a fixación da ameixa no substrato nas zonas sempre cubertas de auga.

Nos proxectos de rexeneración dos bancos marisqueiros, optouse por pedir axuda para que cada cofraría poida sementar 750.000 unidades de cría de ameixa babosa de 15 a 18 milímetros, repartidas entre Os Praceres (cofraría de Lourizán), Aguillóns (San Telmo) e A Brensa (Raxó). Os pósitos xustifican esta axuda en base o fallo de produción.

Así mesmo, dous das cofrarías solicitan tamén 1,5 millóns de cría de babosa para a canle do río Lérez, entre o múelle de Lourido e a ponte da autoestrada; ás cales súmanse outras 1,5 millóns de unidades a depositar nos cantís de Combarro. En ambos casos trataríase de actuacións destinadas a mellorar a saúde das poboacións de este bivalvo neste entorno, alegando, neste caso, o fallo no recrutamento de xovenes que se produciu o año pasado.

Os pósitos optan pola sementa de ameixa babosa porque a xaponesa é abundante no fondo da ría e, en aqueles espazos nos que sexa necesaria a súa distribución, solo hai que facer transvase dende zonas donde haxa moita.

Así mesmo, as cofrarías queren perfeccionar os seus sistemas de arado do fondo mariño para facilitar a colleita de ameixa en zonas hoxe pouco produtivas ou estériles, xa sexa porque están cubertas por lodo, ou porque o sedimento é demasiado duro para a supervivencia dos moluscos.

Fontes da lonxa de Campelo explicaron que se trata de actuar con dous sistemas de arado, pero que se fará dende un barco, para poder alcanzar as zonas que están sempre somerxidas. Si se logra remover o suficiente do sedimento ou si se pode actuar sobre os lodos, cando se produza a sementación da cría de ameixa, estas poderán enterrarse mellor e ter máis oportunidades de sobrevivir e alcanzar a talla comercial no futuro.

Un dos arados permitirá a inxección de auga ao lodo máis fluído, para poder levantalo. O segundo arado consistirá nun aparato con dentes que rompa o substrato en ángulo e así o poida abrir, romper e abrandar, impedindo que se volva a compactar ao pouco tempo. Este sistema servirá de complemento ao traballo que se fai cós tractores dende terra, pero que non poden traballar nas zonas onde a marea sube rápido ou que están sempre somerxidas.

Fonte: La voz de Galicia



Web y subwebs financiadas por:

Proyecto financiado por el Ministerio de Educación en el marco del programa Campus de Excelencia Internacional y por el Ministerio de Economía y Competitividad, dentro del Plan Nacional de Investigación Científica, Desarrollo e Innovación Tecnológica.

X