Co gallo do Día Mundial dos Océano, o Campus do Mar, en colaboración co Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo, organiza unhas saídas divulgativas para fomentar a Alfabetización Oceánica entre a cidadanía.
As saídas, dunha duración aproximada de 1 hora e media cada unha, terán lugar o 9 de xuño de 2025. Para participar, é requisito encher o seguinte formulario para cada persoa participante, tanto adulta como menor. No caso de menores, deberán vir acompañados por unha persoa adulta.
As prazas son limitadas. As persoas seleccionadas recibirán un correo de confirmación indicando o punto de encontro para a saída. Prégase puntualidade xa que o barco sairá na hora prevista.
Esta actividade conta con financiamento da Xunta de Galicia.
