Comeza o curso de deseño técnico con SolidWorks, dentro da plataforma formativa do proxecto europeo MarENet

O proxecto europeo MarENet, liderado polo Campus do Mar, puxo en marcha a finais do curso pasado a primeira plataforma europea sobre oferta formativa e de emprego centrada no eido da Economía Azul. Nela, os socios do proxecto artellaron un catálogo de cursos de especialización destinados a todas aquelas persoas que queren formarse ou ampliar os seus coñecementos en diferentes ámbitos do sector mariño e marítimo nos que, ata o de agora, apenas había posibilidade de facelo. En total lanzáronse 12 cursos que responden á demanda do sector impulsados desde España, Irlanda e Francia, os tres países que forman parte deste consorcio europeo. A inmensa maioría son cursos desenvólvense en liña e a matrícula é de balde. Unha das excepcións é o curso sobre Fundamentos de deseño técnico con SolidWorks, que botou a andar na tarde de onte xoves no campus vigués de xeito presencial.

Coordinado polo profesor da Escola de Enxeñería Industrial José Ignacio Armesto, está orientado a profesionais con perfil técnico no ámbito da mecánica e ten unha duración de 60 horas, que se desenvolverán ata o 17 de setembro, sendo o máis extenso dos que se ofertan na plataforma. En total están inscritas 15 persoas, “fundamentalmente traballadores en activo de sectores da Economía Azul, principalmente da construción naval”, como explica Kais Mohamed Falcón, xestor do proxecto MarENet. A finalidade é ofrecerlles unha formación especializada, neste caso en deseño técnico co software para modelado mecánico en 2D e 3D SolidWorks. Baixo a coordinación do Campus do Mar, a docencia está impartida por catro docentes da Escola de Enxeñaría Industrial da UVigo. O obxectivo final é “mellorar a competitividade das empresas da Economía Azul e as competencias e empregabilidade das persoas”, recalca o xestor.

Via: DUVI



Project funded by the Spanish Ministry of Education within the framework of the Campus of International Excellence program and by the spanish Ministry of Economy and Competitiveness, within the National Plan for Scientific Research, Development and Technological Innovation.

X