noviembre, 2022

29nov1:00 pm1:45 pmPresentación de "Ocean Literacy" | Scientists meet Artists

Más

Detalles del evento

Scientists meet Artists é unha iniciativa do Campus do Mar e Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo que foi concibida como un lugar de encontro e diálogo entre dúas disciplinas diferentes: a Ciencia e a Arte. A indagación científica, inherente ao mundo da investigación, dialoga coa creatividade, característica do mundo artístico. O resultado desta interacción foise reflectindo nunha colección de fichas con temas e estilos diversos.

“Ocean literacy” é o segundo proxecto de Scientists meet Artists. Dá vida a sete ilustracións que recompilan cada un dos sete principios esenciais da cultura oceánica ou alfabetización mariña, inspiradas e explicadas por tres científicas e cinco científicos. Trátase dunha serie de recursos didácticos accesible libremente para a poboación que busca cubrir a falta de materias relacionadas cos océanos no ámbito da educación formal. É o resultado do encontro entre persoal investigador do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo e do Centro Oceanográfico da Coruña, coa ilustradora Inés Vázquez.

Gustaríanos contar coa tua presenza o martes, 29 de novembro ás 13.00 h no Edificio Redeiras (Rúa da Ribeira do Berbés 11, Casco Vello de Vigo) neste evento axeitado para tódolos públicos no que imos presentar o proxecto, ás persoas protagonistas e o material didáctico creado. ¡Non quedes sen o teu cartaz de Ocean literacy!

*Será posible asistir únicamente previa inscrición premendo aquí a efectuarse antes do 28 de novembro, e dispor da sua confirmación. Aforo limitado.

En caso de que non poidas asistir en modalidade presencial, poderás seguir o evento en directo a través da Canle 1 de UVigo TV pinchando aquí

Se tes algunha dúbida, por favor, contacta connosco no correo campusmar@uvigo.es ou chamando ó 986 13 02 56 (9.00 h -14.30 h)

*Evento auspiciado polas Nacións Unidas coma actividade incluida dentro do Programa do Decenio das Ciencias Oceánicas para o Desenvolvemento Sostible

Descargar axenda

 

Hora

(Martes) 1:00 pm - 1:45 pm CET

Lugar

Edificio Redeiras,

Organizador

Universidade de Vigo - Campus do Mar+34 986 13 02 56 Edificio Filomena Dato, Campus Lagoas Marcosende, Vigo

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.

Project funded by the Spanish Ministry of Education within the framework of the Campus of International Excellence program and by the spanish Ministry of Economy and Competitiveness, within the National Plan for Scientific Research, Development and Technological Innovation.

X