O consorcio do BLUEBIOLAB celebra a 4ª reunión de seguimento do proxecto

O pasado luns 14 de xuño o Instituto de Acuicultura da Universidade de Santiago de Compostela acolleu a 4ª reunión de seguimento do laboratorio transfronteirizo de biotecnoloxía mariña BLUEBIOLAB, coordinado polo Campus do Mar da Universidade de Vigo.

O evento reuniu a 26 persoas pertencentes ó consorcio, composto por 7 entidades galegas e do norte de Portugal (Universidades de Vigo, A Coruña, Santiago e Minho, Instituto de Investigaciones Marinas – Consejo Superior de Investigaciones Científicas, Instituto Español de Oceanografía e Centro de Investigação Marinha e Ambiental – CIIMAR).

Cabe destacar que ata a data o consorcio organizou seis cursos de formación centrados nas tres liñas de investigación prioritarias do laboratorio (biotecnoloxía e acuicultura, uso de tecnoloxías ómicas  para a comprensión da biodiversidade mariña e a busca de biomateriais e compostos bioactivos), sumando máis de 48 horas de formación e 128 alumnos formados. Durante os últimos meses os investigadores do BLUEBIOLAB progresaron nos proxectos colaborativos e fixeron cinco mobilidades de investigadores entre institucións do consorcio.

O próximo mes de xullo, o Dr. Carlos A. Canchaya do grupo de filoxenómica e biomediciña da Universidade de Vigo, impartirá o curso “High-Throughput Sequencing Technologies (HTS): Posibilities, requirements, limitations and their applications in genomics and transcriptomics” de 14 h de formación e en setembro, o Centro de investigacións Avanzadas (CICA) da Universidade da Coruña, organizará o curso  “Determinación estructural avanzada” de 25 h de formación.

 

PROYECTO COFINANCIADO POR EL FONDO EUROPEO DE DESARROLLO REGIONAL FEDER EN EL MARCO DEL PROGRAMA INTERREG V ESPAÑA – PORTUGAL (POCTEP) 2014-2020

 



Project funded by the Spanish Ministry of Education within the framework of the Campus of International Excellence program and by the spanish Ministry of Economy and Competitiveness, within the National Plan for Scientific Research, Development and Technological Innovation.

X