O ICMAN-CSIC proba na Antártida unha nova ferramenta para a recollida de mostras de auga con drones

Investigadores do proxecto PiMetAn, pertencentes ao  Instituto de Ciencias Marinas de Andalucía (ICMAN-CSIC)  estrearon na Antártida con éxito un novo sistema que, transportado dende un dron permite a recollida de mostras de augas superficiais.

Mediante este sistema levouse a cabo na Isla Decepción a caracterización dos niveis de elementos traza disoltos nas augas superficiais adxacentes a dous das principais colonias de pingüín barbixo (Morro Baily e Collado Vapor) e no Crater Lake, designado como zona protexida polos seus valores botánicos e ecolóxicos.

Os métodos tradicionais de recollida de mostras de augas implican a recollida manual dende a beira, ou diferentes técnicas de mostreo con dispositivos empregados dende embarcacións, implicando múltiples cuestións loxísticas, organizativas e de persoal encargado.

Ademais, os estudos de metais traza, como ferro, cobre, cinc coñecidos como esenciais, ou os considerado tóxicos como chumbo e cadmio, supoñen un reto adicional.  Debido as súas baixas concentracións nas augas mariñas a contaminación das mostras foro historicamente o principal obstáculo para a cuantificación fiable.

Neste estudio, presentase a aplicación dun novo sistema de recollida de augas superficiais, a Automatic Water Autosampler (AWA) (fabricada pola empresa española Dronetools). O sistema AWA consta dunha bomba peristáltica, un filtro, un vaso colector e diferentes sensores, que operado dende un dron permite a recollida de mostras de auga in-situ, así como a medida de parámetros físico-químicos (como temperatura e a salinidade, entre outros).

“Con este novidoso sistema púidose alcanzar zonas costeiras y áreas inaccesibles, perigosas ou protexidas na Antártida e sendo menos intrusiva para a flora e a fauna locais”, afirma a investigadora Erica Spavarenti, da ICMAN/CSIC.

Este estudio realizouse no marco do proxecto “PiMetAn”, un proxecto polar que conta cun equipo científico multidisciplinar composto por doutores en Ciencias do Mar e Ambientais, Química, Bioloxía e Xeoloxía.

Os investigadores pertencen a diferentes institucións nacionais entre as que se inclúen o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), a Universidade de Cantabria (UNICAN), a Universidade de Cádiz (UCA) e o Instituto Español de Oceanografía (IEO). O obxectivo do proxecto é desvelar a papel que xogan os pingüíns no funcionamento ecolóxico da Antártida. PiMetAn está coordinado dende o ICMAN-CSIC.

Fonte: El Ágora Diario



Project funded by the Spanish Ministry of Education within the framework of the Campus of International Excellence program and by the spanish Ministry of Economy and Competitiveness, within the National Plan for Scientific Research, Development and Technological Innovation.

X