Oferta de emprego de Técnico/a de xestión para o Campus do Mar

Data Prevista de Comezo do contrato: 01-15/11/2018
Data de Finalización: 31/12/2019
Retribución bruta mensual: 1400 €
Posibilidade de Renovación: Sí, condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente.

Requisitos:
– Licenciatura ou Grao, preferentemente en Ciencias do Mar, Bioloxía ou afíns/equivalentes.
– 2 anos de experiencia en posto similar
– Dominio do inglés. Parte da entrevista desenvolverase nese idioma

Perfil Técnico:
En dependencia da Dirección do Campus do Mar e en coordinación coas Unidades Transversais da Universidade de Vigo, o/a candidato/a levará a cabo as seguintes actividades:

– Apoio na organización, xestión e seguemento das actividades do Campus do Mar en coordinación con outras unidades transversais da Universidade de Vigo.
– Apoio na organización de eventos e no establecemento de contactos con outros axentes así como na búsqueda de fondos e solicitudes de financiamento para as actividades do Campus do Mar.
– Apoio na tramitación económica e técnica das actividades e eventos do Campus do Mar.
– Actualización periódica de contidos das páxinas web e redes Sociais e apoio nas actividades de divulgación do Campus do Mar.

Criterios de valoración:
· Experiencia profesional (50%):
Experiencia profesional acreditada nun posto con funciones similares (adicional ao mínimo requirido)
Experiencia profesional acredita en Xestión económica e técnica de proxectos.
Experiencia profesional acreditada no deseño e organización eventos e grupos de traballo de ámbito mariño.

· Formación (20%):
Títulos de Mestrado/Doutoramento de ámbito mariño
Cursos de formación ou especialización relacionados co perfil técnico.

· Entrevista (30%):
A Comisión de avaliación convocará a unha entrevista aos/ás tres candidato/as que obteñan unha maior puntuación sumando os apartados de Experiencia e Formación.

A Universidade de Vigo establecerá unha Comisión de selección para levar a cabo o proceso selectivo.

As persoas interesadas en participar no proceso selectivo deben enviar o CV e unha carta de presentación a campusmar@uvigo.es antes do 22 de outubro de 2018



Project funded by the Spanish Ministry of Education within the framework of the Campus of International Excellence program and by the spanish Ministry of Economy and Competitiveness, within the National Plan for Scientific Research, Development and Technological Innovation.

X