31 Oct OFERTA DE EMPREGO DE XESTOR/A PARA O PROXECTO MarENet **Prazo ampliado ata o 15 de Novembro de 2019**
CONVOCATORIA DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL DUN XESTOR/A PARA O PROXECTO “SEP-210575807 MarENet – Atlantic Maritime Ecosystem Network” EN DEPENDENCIA DA DIRECCIÓN DO CAMPUS DO MAR DA UNIVERSIDADE DE VIGO
PRAZAS: 1 XESTOR/A DE PROXECTO
Convócase un proceso de selección para a contratación dun xestor/a, mediante contrato en réxime temporal, para o proxecto “SEP-210575807 MarENet – Atlantic Maritime Ecosystem Network”.
BASES QUE REGULAN O PROCESO DE SELECCIÓN DE PERSOAL
PRIMEIRA. OBXECTO:
A presente convocatoria ten coma finalidade a selección de persoal para a contratación, en réxime temporal, dun xestor/a para o proxecto MarENet.
SEGUNDA. REQUISITOS DOS SOLICITANTES
Os aspirantes deberán cumprir, na data de finalización do prazo de presentación de solicitudes, os seguintes requisitos:
Requisitos xerais:
- Ter cumpridos os dezaoito anos e non ter acadado a idade establecida, con carácter xeral, para a xubilación
- Ter capacidade funcional para o desempeño das tarefas do perfil solicitado
- Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin estar inhabilitado para o desempeño de funcións públicas
Requisitos excluíntes:
Para poder participar no proceso de selección, os candidatos/as deberán achegar a seguinte documentación:
– Carta de presentación dirixida ó Director do Campus do Mar, na que se inclúa nome, NIF, teléfono e correo electrónico de contacto
– Curriculum vitae en formato Europass onde conste específicamente a adecuación e experiencia do candidato ó perfil técnico do posto
– Xustificación documental dos seguintes requisitos:
o Licenciatura ou Grao en Ciencias do Mar ou titulacións superiores afíns as ciencias mariñas
o Alomenos 2 anos de experiencia en xestión de proxectos en ámbito mariño (Demostrable mediante vida laboral e/ou contratos de traballo)
o Nivel acreditado de inglés equivalente a B2
o Nivel acreditado de español equivalente a C2 (ou ter español coma lingua materna)
Unha vez finalizado o proceso de selección, o/a candidato/a seleccionado/a para o posto deberá xustificar documentalmente tódolos méritos alegados.
Perfil Técnico:
En dependencia da Dirección do Campus do Mar e en coordinación coas Unidades Transversais da Universidade de Vigo, o/a candidato/a levará a cabo as seguintes actividades:
- Organización, xestión e seguemento do proxecto en coordinación cos socios e entidades colaboradoras implicadas
- Tramitación técnica e económica das actividades do proxecto
- Coordinación e organización de eventos, reunións, talleres e tarefas de comunicación e divulgación
- Desenvolvemento das tarefas de difusión e comunicación previstas no proxecto mediante manexo de ferramentas web e redes sociais
- Manexo autónomo de medios informáticos
- Apoio complementario en tarefas de xestión doutros proxectos relacionados e actividades do Campus do Mar
- Dispoñibilidade para viaxar
TERCEIRA. DESCRICIÓN DO POSTO DE TRABALLO
A contratación formalizarase nun contrato laboral en réxime temporal a tempo completo.
Data previsible de comezo: 01/12/2019. Data de finalización do contrato: 30/11/2021
Periodo de proba: Mínimo tres meses
Retribución bruta mensual aproximada: 2000 €
Lugar de traballo: Oficina do Campus do Mar, Campus Universitario – Lagoas Marcosende, Universidade de Vigo
Posibilidade de renovación: Non
CUARTA. FORMA E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Os/as aspirantes deberán enviar a documentación indicada na base segunda da presente convocatoria á dirección de correo electrónico: rrhh@campusdomar.es
Ampliado o prazo de presentación das solicitudes ata o 15 de novembro de 2019 ás 23:59 h.
QUINTA. PROCEDEMENTO
A Universidade de Vigo establecerá unha Comisión de selección para levar a cabo o proceso selectivo.
Finalizado o período de presentación das solicitudes, a Comisión valorará en dúas fases as candidaturas presentadas segundo os seguintes criterios de valoración:
Experiencia profesional (50%)
- Experiencia profesional acreditada en xestión técnica e económica de Proxectos de I+D+i relacionados con ámbito mariño (adicional ao mínimo requirido) 25%
- Experiencia profesional acreditada no deseño e organización de eventos e xestión de grupos de traballo en ámbito mariño 15%
- Experiencia profesional relacionada co uso de ferramentas empregadas pola UE (ex. H2020, FEMP etc.) 10%
Formación (20%)
- Título de Doutoramento en ámbito mariño 5%
- Título de Mestrado en ámbito mariño 2,5%
- Cursos de formación ou especialización relacionados co perfil técnico 5%
- Nivel acreditado en lingua inglesa maior ao requerido 5%
- Nivel acreditado en lingua francesa equivalente a B1 ou superior 2,5%
Entrevista (30%)
A entrevista levarase a cabo en español e inglés.