OFERTA DE EMPREGO DE XESTOR/A PARA O PROXECTO «SHERPA DO MAR»

CONVOCATORIA DO PROCEDEMENTO DE SELECCIÓN PARA A CONTRATACIÓN TEMPORAL DUN XESTOR/A PARA O PROXECTO “0466 _SHERPA_DO_MAR_1_E” EN DEPENDENCIA DA DIRECCIÓN DO CAMPUS DO MAR DA UNIVERSIDADE DE VIGO

 

PRAZAS: 1 XESTOR/A DE PROXECTO

Convócase un proceso de selección para a contratación dun xestor/a, mediante contrato en réxime temporal, para o proxecto “0466_SHERPA_DO_MAR_1_E”.

0466_SHERPA_DO_MAR_1_E é un proxecto financiado polo Programa de Cooperación Transfronteriza Interreg España–Portugal 2014-2020 (POCTEP) formado por un consorcio de diferentes entidades de Galicia e do Norte de Portugal, co obxectivo de dinamizar a creación e consolidación de novas actividades empresariais intensivas en coñecemento no ámbito marino-marítimo da Área de Cooperación Galicia-Norte de Portugal favorecendo, a sua vez, a xeración de emprego e incremento da competitividade empresarial.

 

 

BASES QUE REGULAN O PROCESO DE SELECCIÓN DE PERSOAL

 

PRIMEIRA. OBXECTO:

A presente convocatoria ten como finalidade a selección de persoal para a contratación, en réxime temporal, dun xestor/a para o proxecto 0466_SHERPA_DO_MAR_1_E.

 

 

SEGUNDA. REQUISITOS DOS SOLICITANTES

Os aspirantes deberán cumprir, na data de finalización do prazo de presentación de

solicitudes, os seguintes requisitos:

Requisitos xerais:

  • Ter cumpridos os dezaoito anos e non ter acadado a idade establecida, con carácter xeral, para a xubilación
  • Ter capacidade funcional para o desempeño das tarefas do perfil solicitado
  • Non ter sido separado, mediante expediente disciplinario, do servizo de calquera das Administracións Públicas, nin estar inhabilitado para o desempeño de función públicas

 

Requisitos excluíntes:

Requerirase que os candidatos/as que desexen participar no proceso de selección acheguen:

  • Carta de presentación dirixida ó Director do Campus do Mar, na que se inclúa nome, NIF, teléfono e correo electrónico de contacto
  • Curriculum vitae en formato Europass onde conste específicamente a adecuación e experiencia do candidato ó perfil técnico do posto
  • Xustificación documental dos seguintes requisitos:
    • Licenciatura ou Grao en Ciencias do Mar, Bioloxía, Economía, Administración e Dirección de Empresas; consideraranse Licenciaturas ou Graos afíns ou equivalentes
    • Alomenos 2 anos de experiencia en xestión de proxectos en ámbito mariño
    • Nivel B1 acreditado de portugués ou inglés
    • Nivel C2 de español (ou ter español coma lingua materna)

Unha vez finalizado o proceso de selección, o/a candidato/a seleccionada para o posto deberá xustificar documentalmente tódolos méritos alegados.

Perfil Técnico:

En dependencia da Dirección do Campus do Mar e en coordinación coas Unidades Transversais da Universidade de Vigo, o/a candidato/a levará a cabo as seguintes actividades:

  • Organización, xestión e seguemento do proxecto en coordinación cos socios implicados e entidades colaboradoras
  • Tramitación económica e técnica das actividades do proxecto
  • Coordinación e organización de eventos, reunións, talleres e tarefas de divulgación
  • Desenvolvemento das tarefas de difusión e comunicación previstas no proxecto mediante manexo de ferramentas web e redes sociais
  • Manexo autónomo de medios informáticos
  • Apoio complementario en tarefas de xestión doutros proxectos relacionados e actividades do Campus do Mar
  • Dispoñibilidade para viaxar

 

 

TERCEIRA. DESCRICIÓN DO POSTO DE TRABALLO

A contratación formalizarase nun contrato laboral en réxime temporal a tempo parcial.

Data prevista de comezo: 01/07/2019. Data de finalización do contrato: 31/12/2021.

Periodo de proba: Mínimo tres meses.

Retribución bruta mensual aproximada: 1450 €.

Lugar de traballo: Campus Universitario, Lagoas Marcosende, Universidade de Vigo.

Posibilidade de renovación: Non.

 

 

CUARTA. FORMA E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Os/as aspirantes deberán enviar a documentación indicada na base segunda da presente convocatoria á dirección de correo electrónico: campusmar@uvigo.es

O prazo de presentación das solicitudes finaliza o 11 de xuño de 2019 ás 23:59h.

 

 

QUINTA. PROCEDEMENTO E RESOLUCIÓN DA CONVOCATORIA

A Universidade de Vigo establecerá unha Comisión de selección para levar a cabo o proceso selectivo.

Finalizado o período de presentación das solicitudes, a Comisión valorará en dúas fases as candidaturas presentadas seguindo os criterios de valoración seguintes:

Experiencia profesional (45%)

– Experiencia profesional acreditada en xestión técnica e económica de proxectos (adicional ao mínimo requirido) 20%

– Experiencia profesional acreditada no Programa de Cooperación Transfronteriza España-Portugal (POCTEP) 15%

– Experiencia profesional acreditada no deseño e organización de eventos, xestión de redes ou grupos de traballo, preferentemente en ámbito mariño ou orientados ó emprendemento e fomento da competitividade 10%

Formación (25%)

– Título de Doutoramento/Mestrado en ámbito mariño 15%

– Cursos de formación ou especialización relacionados co perfil técnico 5%

– Nivel en lingua portuguesa e/ou inglesa maior ao requerido 5%

Entrevista (30%)

A entrevista levarase a cabo en español e poderá desenvolverse parcialmente en inglés.

 

Finalizado o prazo para entrega de solicitudes, a Comisión publicará na web do Campus do Mar https://campusdomar.gal/convocatorias/ a resolución provisional de persoas admitidas e excluidas e se abrirá un prazo de 3 días hábiles para subsanar ou enmendar a documentación presentada. Posteriormente a Comisión publicará a resolución definitiva. Enténdese que con esta publicación as reclamacións contra a resolución provisional quedan resoltas.

A Comisión convocará a unha entrevista as/aos tres candidatos/as que obteñan unha maior puntuación sumando os apartados de Experiencia e Formación.

Posteriormente publicarase no mesmo lugar, a resolución definitiva e ésta notificarase ós aspirantes vía correo electrónico. Contra a resolución da Comisión adxudicando a praza, poderá presentarse unha reclamación perante a mesma no prazo de 3 días hábiles.

A Comisión de selección se o estima oportuno, poderá configurar unha lista de espera cos aspirantes con mellor puntuación para atender ás posibles necesidades derivadas do proxecto ou doutras actividades do Campus do Mar.

En caso de evidenciarse a inadecuación dos méritos dos aspirantes ó perfil obxecto da convocatoria, a Comisión de selección poderá declarar deserta de forma motivada a convocatoria de selección.

 

Podes descargar esta información neste enlace.



Web y subwebs financiadas por:

Proyecto financiado por el Ministerio de Educación en el marco del programa Campus de Excelencia Internacional y por el Ministerio de Economía y Competitividad, dentro del Plan Nacional de Investigación Científica, Desarrollo e Innovación Tecnológica.

X