Resolución do I Concurso de Debuxo e Fotografía «Océanos que unen»

Ana García Rivas «A beleza tamén é un proceso» – 1º premio da categoría de Procesos mariños-

 

Coincidindo coa celebración do Día Mundial dos Océanos, o Campus do Mar fai pública, hoxe día 8 de xuño, a resolución do I Concurso de Debuxo e Fotografía “Océanos que unen” que arrancaba o pasado mes de maio. Desde o Campus do Mar queremos salientar a calidade das obras presentadas e agradecer a todas as persoas participantes os seus contributos no certame. Tras reunirse o xurado, ditaminouse a seguinte resolución coas obras gañadoras nas diversas categorías.

No apartado de debuxo, a distribución dos premios foi:

Na categoría de 3-5 anos

1º Premio Carlos Traveso Pereira (4 anos)
2º Premio Mara Mariño Tato (5 anos)
3º Premio Alexandre Martínez Piñeiro (3 anos)

Carlos Traveso Pereira (4 anos) – 1º premio categoría 3-5 anos

Na categoría de 6-8 anos

1º Premio Dylan Simões Rúa (8 anos)
2º Premio Alejandro Vieites Freire (8 anos)
3º Premio Ian Suárez Pinho (6 anos)

Dylan Simoes Rúa (8 anos) – 1º premio categoría 6-8 anos

Na categoría de 9-12 anos

1º Premio Rita Álvarez  Araújo (12 anos)
2º Premio Carlo Petrelli González (11 anos)
3º Premio Noelia Castro Sabariz (11 anos)

Rita Álvarez Araújo (12 anos) – 1º premio categoría 9-12 anos

 

No apartado de debuxo, estaban estipulados os seguintes premios para cada unha das categorías de idade:
Primeiro Premio: Certificado de embaixador/a infantil do Campus do Mar, impresión do debuxo gañador en artigos de merchandising do Campus do Mar e agasallo de temática mariña.
Segundo Premio: Mención de honra e agasallo de temática mariña.
Terceiro Premio: Mención de honra e agasallo de temática mariña.
Así mesmo todos os gañadores gozarán dunha visita (acompañados por unha persoa adulta) á estación de Ciencias Mariñas de Toralla e entrega dun kit de agasallos do Campus do Mar.

No ámbito da fotografía sinalar que estaban establecidas as seguintes temáticas: Procesos mariños, Biodiversidade, O mar como fonte de recursos e economía azul, e O mar como lugar de unión e reunión. Para a franxa de idade entre 12 e 16 anos, o xurado, atendendo ao número de obras presentadas, decidiu entregar un único premio agrupando todas as categorías. O premio recaeu no traballo presentado por Joaquin Moreiras DaCosta.

Joaquín Moreiras DaCosta «Procesos mariños» – Premio para o grupo de idade 12-16 anos –

 

Para a franxa etaria de máis de 16 anos, a resolución do xurado foi a seguinte:

No apartado de “Procesos mariños” resultou seleccionada co primeiro premio, Ana García Rivas coa obra titulada A beleza tamén é un proceso e que publicamos como imaxe principal.

Na categoría de “Biodiversidade”, foi galardoada a obra Vida submarina presentada por Cristina García Fernández.

Cristina García Fernández «Vida submarina» – 1º premio da categoría – Biodiversidade-

 

A obra Para comer hai que dobrar o lombo de Pancracio Eguren Lages, resultou a gañadora no apartado “O mar como fonte de recursos e economía azul”.

Pancracio Eguren Lages «Para comer hai que dobrar o lombo» – 1º premio da categoría – O mar coma fonte de recursos e economía azul-

 

Por último, no apartado de “O mar como lugar de unión e reunión”, a obra seleccionada foi Lecer de Ana Gamallo Costas.

Ana Gamallo Costas «Lecer» 1º premio da categoría – O mar como lugar de unión e reunión-Nesta categoría, cada unha das persoas gañadoras recibirá como premio un paseo en veleiro pola costa galega para dúas persoas.

Reiterar novamente o noso agradecemento pola vosa participación.



Web y subwebs financiadas por:

Proyecto financiado por el Ministerio de Educación en el marco del programa Campus de Excelencia Internacional y por el Ministerio de Economía y Competitividad, dentro del Plan Nacional de Investigación Científica, Desarrollo e Innovación Tecnológica.

X