Coñece a Ría de Vigo da man do Campus do Mar e do CIM

Co gallo da celebración do Día Mundial dos Océanos, o Campus do Mar en colaboración co Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo que celebra este ano o seu 10º aniversario, organiza este 9 de xuño de 2026 unhas saídas divulgativas para fomentar a Alfabetización Oceánica entre a cidadanía.

As saídas, dunha duración aproximada de 1 hora e media cada unha, simularán dunha maneira entretenida e educativa unha pequena campaña oceanográfica. As persoas asistentes coñecerán o contexto fisiográfico e oceanográfico xeral da Ría de Vigo, experimentarán como é unha mostraxe de plancto e sedimentos, observarán a mostra de plancto ao microscopio e poderán contemplar os fondos mariños en tempo real grazas a Nemo, un pequeno Robot Submariño que retransmitirá imaxes en tempo real do que está a acontecer nas profundidades do barco.

Para participar, é requisito inscribirse nun dos turnos que se ofrecen a continuación e encher o formulario cos datos solicitados. Poden inscribirse grupos de ata 5 persoas. No caso de menores, deberán vir acompañados por unha persoa adulta que ostente a súa responsabilidade. A idade mínima recomendada son 6 anos.

As prazas son limitadas e pregamos compromiso para asistir unha vez se confirmen as prazas. As persoas seleccionadas recibirán un correo de confirmación. É importante ser puntuales xa que o barco sairá na hora prevista.

O lugar de encontro será nas oficinas de Ocean Secrets 10 minutos antes da saída

No Eventos

Esta actividade forma parte da iniciativa Europena Maritime Day In My Country 2026 e conta con financiamento da Xunta de Galicia.

Proxecto financiado polo Ministerio de Educación no marco do programa Campus de Excelencia Internacional e polo Ministerio de Economía e Competitividade, dentro do Plan Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica.

X