Effects of plastic additives on marine fish, a proteomic approach. Nueva sesión Café con sal * Postpuesto hasta nuevo aviso*

O martes 17 de marzo, Alexandre Martinez Schönemann, investigador predoutoral do equipo de investigación en Ecotoxicoloxía e Contaminación Mariña EcoTox (Grupo Ecocost, CIM-UVigo), presentará, nunha nova conferencia do ciclo “Café con Sal”, o relatorio Effects of plastic additives on marine fish, a proteomic approach.

Os usos do plástico son amplamente variables, así como as combinacións de aditivos que se lle poden agregar. Propiedades como unha maior flexibilidade, a cor ou a resistencia á calor ou ao lume conséguense engadindo substancias que, ademais de producir o efecto desexado, nalgúns casos poden ter efectos prexudiciais para os seres vivos. A carreira entre a aparición de novos aditivos e a comprobación científica do seu potencial impacto acelérase e cada vez é máis necesario utilizar ferramentas novas como a proteómica para determinar estes efectos.

Alexandre Schönemann, dirixido por Ricardo Beiras (Ecotox, CIM-UVigo) e Angel P. Diz (Xenética de Poboacións e Citoxenética, CIM-UVigo), está a desenvolver a súa tese doutoral dentro do programa de doutoramento DO MAR co obxectivo principal de describir os efectos de certos aditivos sobre unha especie de peixe mariño nova en Europa, Cyprinodon variegatus, usando a proteómica.

Durante a súa conferencia, Alexandre falará dos esforzos dedicados a describir os efectos de certos aditivos dos plásticos sobre os organismos mariños usando a proteómica. O poñente centrarase na súa especie obxecto de estudio, C. variegatus, e nun dos efectos máis comúns: a disrupción endocrina. O traballo presentado por Alexandre forma parte da súa tese doutoral, financiada pola Xunta de Galicia.

A conferencia terá lugar ás 11.00h no salón de actos da ECIMAT tras un café e será retransmitida en directo en http://tv.uvigo.es/es/directo/1.html, estando posteriormente dispoñible en UVigoTV e na nosa web.



Proxecto financiado polo Ministerio de Educación no marco do programa Campus de Excelencia Internacional e polo Ministerio de Economía e Competitividade, dentro do Plan Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica.

X