Evento de presentación “Ocean Literacy”

A gran masa de auga dos nosos mares e océanos cobre máis de dous terzos da superficie terrestre, proporciona medios de vida sostibles e traballo decente, alimentos e minerais, produce preto da metade do osíxeno que respiramos, e determina os patróns meteorolóxicos e as temperaturas. A enorme presión á que os estamos sometendo hoxe ameaza a súa supervivencia. Coñecer e comprender como nos inflúe o océano e como influímos nós no océano é fundamental para vivir e actuar de forma sostible. Neste senso, a promoción da Cultura Oceánica é unha das iniciativas impulsadas pola UNESCO baixo o paraugas da “Década dos Océanos (2021- 2030)” co obxectivo de dotar á cidadanía das ferramentas necesarias para que poida desenvolver o coñecemento, capacidades e valores vencellados aos océanos necesarios para lograr un desenvolve mento sostible.

Scientists meet Artists é unha iniciativa que xurdiu durante o período de confinamento da pandemia. Foi promovida polo Campus do Mar e o Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo (CIM) e apoiada pola Xunta de Galicia. O seu primeiro proxecto “Comunicar o océano” creou un espazo de diálogo entre a creatividade artística e a indagación científica que achegou ás familias os conceptos e procesos básicos dos océanos a través dun calendario acompañado de doce fichas para colorear e recursos didácticos dixitais.

“Ocean literacy” é o segundo proxecto de Scientists meet Artists. Dá vida a sete ilustracións que recompilan cada un dos sete principios esenciais da cultura oceánica ou alfabetización mariña, inspira das e explicadas por tres científicas e cinco científicos. Trátase dunha serie de recursos didácticos accesible libremente para a poboación que busca cubrir a falta de materias relacionadas cos océanos no ámbito da educación formal. É o resultado do en contro entre científicos do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo e do Centro Oceanográfico da Coruña coa ilustradora Inés Vázquez. As mesmas láminas reproducidas en branco e negro proporcionan un caderno para colorear no que os máis peques poden aprender coas súas familias acerca dos océanos. Por último, non quixemos desaproveitar algúns dos bosquexos descartados durante todo o proceso converténdoos nunha pequena serie de ilustracións a modo de tomas falsas.

Con iso, esperamos promover o coñecemento do océano e contribuír a crear un mundo máis xusto e respectuoso cos nosos mares e océanos.

Proxecto financiado polo Ministerio de Educación no marco do programa Campus de Excelencia Internacional e polo Ministerio de Economía e Competitividade, dentro do Plan Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica.

X