noviembre, 2023
Detalles del evento
Descobre o fascinante mundo da ciencia e a arte no océano profundo co Campus do Mar! Como parte da súa innovadora iniciativa Scientists meet Artists, comprácenos invitarte a unha conexión
Más
Detalles del evento
Descobre o fascinante mundo da ciencia e a arte no océano profundo co Campus do Mar! Como parte da súa innovadora iniciativa Scientists meet Artists, comprácenos invitarte a unha conexión en directo coa recoñecida artista Elena Alonso Fernández. Imaxina estar a bordo do buque oceanográfico Falkor (too) do Schmidt Ocean Institute, xunto a esta artista residenta na expedición “Ultra fine-scale seafloor mapping”.
Elena Alsonso Fernández é unha artista visual de Vigo que traballa na intersección da pintura e a arte participativa. A artista explora o potencial contemporáneo do retrato a través de enfoques participativos que permiten a humanos e non humanos converterse en co-creadores activos da súa representación. O seu proxecto máis recente “Portrait of a kelp forest” céntrase na importancia dos bosques de laminarias galegos, colaborando con biólogos mariños, comunidades costeiras da Ría de Vigo e unha alga. Durante a súa estancia a bordo do Falkor (too) do Schmidt Ocean Institute, Alonso realiza a súa nova investigación interdisciplinar sobre os ecosistemas de augas profundas e a importancia ecolóxica dos respiraderos hidrotermais. A expedición liderada polo Dr. John Jamieson céntrase no estudo de respiraderos activos e non activos na área do Parque Nacional de Galápagos https://schmidtocean.org/cruise/ultra-fine-scale-seafloor-mapping/
Elena estudou Belas Artes nas Universidades de Salmanca, Helsinqui e Barcelona. En 2018 se graduou no máster de posgraduado “Art in Context” da Universidade das Artes de Berlín (UdK) co Prof. Dr. Jörg Heiser. A súa obra expúxose na New Media Society de Teherán, o Festival AHNE de Helsinqui, durante a XIII Bienal da Habana e en varias exposicións colectivas e individuais en Berlín, onde vive e traballa desde 2011.
Invitamoste a adentrarte na vida a bordo dunha expedición oceanográfica e a explorar a singular sinerxia entre Ciencia e Arte da man desta recoñecida artista viguesa.
Inscricións en: https://tinyurl.com/y2n6c2n6
Hora
(Lunes) 5:00 pm - 6:00 pm CET
Lugar
Online
Organizador
Universidade de Vigo - Campus do Mar+34 986 13 02 56 Edificio Filomena Dato, Campus Lagoas Marcosende, Vigo
Sorry, the comment form is closed at this time.