Investigadores da UA participan na descuberta de novas especies de fungos mariños

Até 14 novas especies e un xénero de fungos mariños descubertos por unha equipa onde se destacan investigadores da Universidade de Aveiro (UA), universidade integrada no Campus do Mar.  Neste momento, están a ser analizadas en relación ao potencial encimático, antibacteriano, antioxidante e antitumoral. Resultados preliminares revelan que algunha destas especies son potenciais fontes de antibióticos, capaces de inhibir o crecemento de bacterias patoxénicas clínicas, incluíndo bacterias multirresistentes.

Os traballos realizados en el ámbito da tese de doutoramento de Micael Gonçalves, titulada “Fungos marinhos: diversidade e potencial biotecnológico”, so orientación de Artur Alves, profesor do Departamento de Bioloxía da UA (DBio) e investigador do Centro de Estudos do Ambiente e do Mar (CESAM), e de Ana Cristina Esteves, profesora da Facultade de Medicina Dentaria da Universidade Católica Portuguesa, investigadora do Centro de Investigação Interdisciplinar em Saúde. Nun contexto en que son raros os estudos sobre fungos mariños, dous obxectivos fundamentais motivan toda a actividade que decorre nos laboratorios MicroLab e FunPlantLab, do DBio e CESAM: desvendar a biodiversidade oculta relativa a fungos mariños en Portugal e avaliar o seu potencial na produción de compostos bioactivos relevantes.

Estes estudos están xa publicados en diversas revistas de ámbito internacional, como a Persoonia – Molecular Phylogeny and Evolution of Fungi, International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology, Mycologia e Mycokeys.

Recentemente o grupo describiu un novo xénero e 14 novas especies de fungos mariños para a ciencia, encontrados ao longo da costa portuguesa e na Ria de Aveiro. Algúns nomes das especies son alusivos, por exemplo, a Portugal, como Penicillium lusitanum, outros, á Ria de Aveiro, como Trichoderma aestuarinum, ou aínda alusivos a Aveiro (Parasarocladium alavariense). Outras seis novas especies van ser descritas aínda este ano.

Foron recollidos 1312 espécimes illados de varios substratos/hospedeiros (auga, macroalgas, esponxas, madeiras à deriva e madeira que foi somerxida no ámbito do proxecto) ao longo da costa portuguesa e da Ria de Aveiro. Foron tamén observados resultados diferentes na actividade encimática e antibacteriana cando os fungos se desenvolven na presenza ou ausencia de sal. Con base nestes resultados preliminares, foron seleccionados oito fungos para fermentación e obtención de extractos brutos. Neste momento, testa-se a súa actividade antibacteriana a antioxidante.

Preténdese aínda, no futuro, identificar metabolitos secundarios asociados ás diferentes actividades biolóxicas detectadas nestas oito especies seleccionadas e secuenciar os xenomas das especies con características mais promisorias de modo a identificar xenes biosintéticos.

Os hábitats mariños representan 70% da superficie do planeta e permanecen biolóxicamente inexplorados. Iso é especialmente evidente cando se considera a vida microbiana neses ambientes, sobre todo, fungos. Os fungos son unha compoñente principal en ambientes terrestres e acuáticos, representando unha proporción substancial da diversidade microbiana do noso planeta.

 

Vía: https://www.ua.pt



Proxecto financiado polo Ministerio de Educación no marco do programa Campus de Excelencia Internacional e polo Ministerio de Economía e Competitividade, dentro do Plan Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica.

X