16 Abr Mesa redonda “A investigación antártica desde Galicia”
Martes, 17 de abril
O vindeiro martes, 17 de abril, ás 19 horas, teremos unha mesa redonda (Casa galega da cultura, Praza da Princesa, Vigo) onde poderemos escoitar a diversas investigadoras galegas falando da súa experiencia nas expedicións científicas á Antártida nas que participaron.
Segundo a súa propia proposta teñen pensado falar e expoñer os seus pensamentos e experiencias arredor do cambio climático, a biodiversidade, a vida no mar e no xeo e, en xeral, da apaixonante aventura da Ciencia.
- Carmen Piñeiro, doutora en Bioloxía, investigadora do Instituto Español de Oceanografía, pioneira da Antártida, participou na Primeira Expedición Científica 1986/87 e na Expedición Antártida 9101.
- Ana Ramos, bióloga, pioneira da Antártida na Primeira Expedición Científica 1986/87, investigadora do Instituto Español de Oceanografía.
- Jesús Troncoso, zoólogo, director da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla da Universidade de Vigo, membro do Proxecto DECALDEC (Descomposición de algas en Illa Decepción, campaña 2016/17).
- Augusto Pérez Alberti, catedrático de Xeografía Física, membro do proxecto Cronoantar (Evolución glaciar desde o Último Máximo Glaciar nas illas King George e Livingston, 2018).
- Actuará como moderador Valentín Carrera, xornalista, cronista da Primeira e da XXX Expedición Científica Española á Antártida autor de La aventura de la ciencia en la Antártida (MINEICO, 2017).