Proxecto ATLANTIDA –Universidades do Norte de Portugal en prol da sustentabilidade do Océano Atlántico

O proxecto ATLANTIDA – Platform for the monitoring of the North Atlantic Ocean and tools for the sustainable exploitation of the marine resources arrancou en novembro pasado e durante os próximos tres anos irá unir os esforzos dunha equipa multidisciplinar de investigadores das principais tres institucións académicas do Norte de Portugal – a Universidade do Porto, a Universidade do Minho e a Universidade de Trás-os-Montes e Alto Douro, entidades que fan parte do Campus do Mar, para alén do CIIMAR (Centro Interdisciplinar de Investigação Marinha e Ambiental). O proxecto pretende potenciar a investigación, o desenvolvemento tecnolóxico e a innovación da Rexión Norte en áreas como a Biotecnoloxía Azul, a Saúde, os Sistemas Agroambientais e Alimentación e a Produción Avanzada de Sistemas. o ATLANTIDA providenciará novos dados, información e produtos que identificarán e responderán ás ameazas da perda de biodiversidade e das mudanzas climáticas, e ferramentas para o desenvolvemento sustentábel da acuicultura e da biotecnoloxía mariña, incluíndo a creación de biobancos mariños.

Segundo o responsábel do proxecto, Vítor Vasconcelos – profesor catedrático da Facultade de Ciencias da U.Porto e presidente do CIIMAR – o “ATLANTIDA criará uma forte coesão da UNORTE e dos seus centros de investigação, com relação à investigação e tecnologias oceânicas, desenvolvendo as condições para uma posição de liderança nos níveis nacional e internacional”.

A UTAD contribuirá para catro das cinco liñas de investigación do proxecto, investigando temáticas como a monitorización oceánica e costeira, os ecosistemas e biodiversidade da costa noroeste portuguesa, o desenvolvemento sustentábel da acuicultura e os biobancos mariños.

Cun orzamento de cerca de tres millóns de euros, o proxecto ATLANTIDA é cofinanciado pelo Programa Operacional Rexional do Norte (NORTE2020), Portugal 2020 e Unión Europea, a través do FEDER – Fundo Europeo de Desenvolvemento Rexional.

Fonte: UPorto



Proxecto financiado polo Ministerio de Educación no marco do programa Campus de Excelencia Internacional e polo Ministerio de Economía e Competitividade, dentro do Plan Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica.

X