Recursos didácticos de Scientists meet Artists

É común que os científicos vivan con entusiasmo cada descubrimento ou avance da súa investigación, pero ese esforzo e paixón poucas veces chegan á sociedade dun xeito comprensible. Como facer chegar ao público o coñecemento sobre os océanos é un dos grandes desafíos lanzados pola UNESCO a través da súa iniciativa “Decenio das Ciencias Océanicas” que aposta pola cultura oceánica. Scientists meet Artists xurde coma un lugar de encontro e diálogo entre dúas disciplinas moi diversas: a ciencia e a arte. Durante un ano, persoal investigador, principalmente da rede de Campus do Mar, en concreto, do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo, a Universidade do Minho, a Universidade de Santiago de Compostela e o Instituto Español de Oceanografía, estivo colaborando con ilustradores e ilustradoras que desenvolven o seu traballo en España e Portugal. Cada investigador aportou o seu coñecemento científico, mentres que o ilustrador reflectiu ese concepto e contido en cada lámina. Así, cada lámina é o resultado do traballo común entre dúas disciplinas distantes, ambas coa súa propia linguaxe, que foron quen de facer dos océanos un punto de conexión. Creáronse doce láminas de diferentes estilos e temas que deben ser descubertas en detalle e que se desenvolveron de tal xeito que os nenos sexan o principal público obxectivo desta primeira iniciativa de Scientists meet Artists. As láminas están dispoñibles para ser coloreadas por eles, os máis pequenos. Cada lámina leva asociada contidos educativos, accesibles a través de códigos QR, para que os adultos teñan recursos para responder ás sempre agudas preguntas dos nenos mentres colorean. Convidámoste a descubrilas e por suposto a disfrutalas.

Descargar caderno en español, galego e inglés

A continuación pode descargar as follas do caderno de forma individual.

  • All
  • acidificación oceánica
  • ADN
  • afloramento
  • ardora
  • atmosfera
  • bacterias
  • berberecho
  • biodiversidade
  • C02
  • cadea trófica
  • cambio climático
  • cancro
  • células
  • cogombro de mar
  • comercialización
  • contaminación mariña
  • datos
  • desenvolvemento
  • diatomeas
  • dinoflaxelados
  • ecosistemas
  • efecto Coriolis
  • enfermidade
  • equinodermo
  • etiquetaxe
  • eventos de Heinrich
  • factores abióticos
  • fanerógamas
  • fitoplancto
  • fotosíntese
  • holoturia
  • icebergs
  • instrumentación
  • invertebrado
  • mareas vermellas
  • materia inorgánica
  • materia orgánica
  • meteoroloxía
  • mexillón
  • microalgas
  • microorganismos
  • microplásticos
  • moléculas
  • molusco bivalvo
  • nutrientes
  • oceanografía
  • organismo mariño
  • paleoclimatoloxía
  • peixes
  • pescada
  • pesqueiras
  • plásticos
  • quecemento global
  • reprodución
  • salvamento marítimo
  • sedimentoloxía
  • sobrepesca
  • trazabilidade
  • vertebrado
  • xenética
  • Zostera

Proxecto financiado polo Ministerio de Educación no marco do programa Campus de Excelencia Internacional e polo Ministerio de Economía e Competitividade, dentro do Plan Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica.

X