Recursos didácticos de Ocean Literacy

“Ocean literacy” é o segundo proxecto de Scientists meet Artists. Dá vida a sete ilustracións que recompilan cada un dos sete principios esenciais da cultura oceánica ou alfabetización mariña, inspira das e explicadas por tres científicas e cinco científicos. Trátase dunha serie de recursos didácticos accesible libremente para a poboación que busca cubrir a falta de materias relacionadas cos océanos no ámbito da educación formal. É o resultado do en contro entre científicos do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo e do Centro Oceanográfico da Coruña coa ilustradora Inés Vázquez. As mesmas láminas reproducidas en branco e negro proporcionan un caderno para colorear no que os máis peques poden aprender coas súas familias acerca dos océanos. Por último, non quixemos desaproveitar algúns dos bosquexos descartados durante todo o proceso converténdoos nunha pequena serie de ilustracións a modo de tomas falsas.

Proxecto financiado polo Ministerio de Educación no marco do programa Campus de Excelencia Internacional e polo Ministerio de Economía e Competitividade, dentro do Plan Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica.

X