16 Dec Unha iniciativa de ciencia cidadá permite monitorizar as praias e avaliar a dinámica costeira
citados areais galegos e sacar unha foto co teléfono móbil, para despois subila á redes sociais do proxecto ou enviala aos investigadores. Ata o momento xa contan con 1582 imaxes, das que 730 se corresponden ás bases da praia de Rodas, 658 a Agrelo, 127 a Lanzada e 70 a Area Maior.
CostSnap recorre á cidadanía porque a monitorización a longo prazo require de datos durante moito tempo e adoita ser “difícil de completar sen un equipo de persoas que poidan repetir os estudos nestas áreas con regularidade, rexistrando grandes cantidades de información como pode ser a forma dunha praia, a posición da liña de costa, ancho do areal… etc”. É aquí onde a cidadanía pode axudar, recalca González Villanueva, “actuando como científicos e colaborando achegando o seu gran de área”.
Para iso, tan só deben empregar os soportes instalados nas praias para apoiar os teléfonos móbiles. “Ao usar esas bases, as fotografías tómanse nunha localización e un ángulo consistentes, o que significa que unha vez compiladas, proporcionan un time-lapse da costa e pódense analizar para ver como esta cambia no tempo”. Para facilitar o proceso de toma e envío das imaxes, o proxecto conta cunha aplicación móbil.
A importancia de ter datos de todo o ano
Trátase de rexistrar os ciclos de erosión e recuperación, e calquera cambio a longo prazo, “o que nos axudará a comprender por que algunhas praias son máis dinámicas ou resistentes ca outras”. Explica a investigadora que cada tramo de costa compórtase dunha maneira diferente e, mentres unha praia pode crecer e acumular sedimentos, outras pérdennos e erosiónase co tempo. “Esta erosión pode ser resultado de procesos cotiás coma a ondaxe que chega á costa, pero tamén pode ser provocada por eventos como tormentas de alta enerxía que impactan na costa”. Así, se esta erosión é continua a costa pode retroceder, “feito que provoca especial preocupación sobre todo en pobos ou aldeas costeiras” e aquí é onde nace a necesidade de que a comunidade científica conte cunha base de datos comunitaria na que se rexistren os cambios das praias capturados dende a mesma posición e ángulo de visión ao longo do tempo, que son os criterios básicos do proxecto CostSnap.
Non obstante, explican os investigadores do proxecto, a gran maioría das fotografías que os usuarios remiten, sobre todo as das illas Cíes e da Lanzada, corresponden á época estival. “Estas imaxes sérvennos para ver a recuperación da costa, pero sería interesante poder ter tamén contribucións en outono e inverno, cando os eventos de tormenta provocan os maiores cambios na nosa costa”. Remarcan que algunhas destas zonas, principalmente a praia de Rodas, son de difícil acceso no inverno, “pero nos outros casos agardamos que a iniciativa continúe crecendo e que a cidadanía se comprometa con ela”.
Entre as análises xa realizadas, por exemplo, explica Rita González Villanueva, que empregaron as imaxes recibidas para calcular como se foi recuperando a praia de Rodas despois dos temporais do inverno de 2018. Detectaron un aumento do ancho do areeiro con máximos de ata 40m. No caso da praia de Agrelo, en Bueu, tras os temporais do inverno, ao longo do verán de 2019 analizáronse as imaxes coas mesmas alturas de marea, podendo obter as liñas de costa e calcular o ancho de praia para ver así como foi mudando no tempo. Así, despois do inverno a praia de Agrelo foise recuperando, cunha taxa de crecemento media de 0.18 metros por semana.
Fonte: DUVI