Byra, innovadora ferramenta de avaliación de risco de captura accidental de mamíferos mariños na pesca tradicional

A pesca accidental, as capturas de especies non obxectivo, ten significado unha ameaza para mamíferos mariños, aves mariñas, e quenllas nas últimas décadas. Aproximadamente 300.000 mamíferos mariños son capturados cada nos océanos do mundo por causa das pesqueiras globais.

Unha tese de doutoramento defendida por Gregory Verutes, e realizada ao abeiro do noso programa de doutoramento DoMar,  ven de desenvolver unha ferramenta de xestión de pescarías, (de nome “ByRA”) que permite mapear e medir os riscos das capturas accidentais de mamíferos mariños, fornecendo un mapa de acción para a conservación da biodiversidade en pesqueiras tradicionais.

O estudo, realizado en tres zonas costeiras do Sueste asiático, combina participación dos sectores envolvidos e coñecemento local, con análise de dados xeográficos para identificar potenciais solapamentos entre distribución das actividades pesqueiras e a megafauna mariña.

Esta experiencia supón disponibilizar unha valiosa ferramenta para outros espazos costeiros no planeta onde a sobrepesca, destrución de hábitats e inseguridade alimentar están provocando problemas graves.

Parte desta investigación ven de ser publicada no prestixioso PLOS One journal.



Project funded by the Spanish Ministry of Education within the framework of the Campus of International Excellence program and by the spanish Ministry of Economy and Competitiveness, within the National Plan for Scientific Research, Development and Technological Innovation.

X