Respaldo científico internacional ás Cíes para Patrimonio da Humanidade

O encontro ‘Patrimonio Cíes’ reuniu investigadores como o costarricense Jorge Cortés, impulsor da candidatura da Illa do Coco

O VI International Symposium on Marine Sciences supón a cita máis importante para as ciencias mariñas en España, xa que por primeira vez aglutinou dende o mércores nun mesmo sitio seis simposios de referencia internacional: ISMS, EOF, Siquimar, Redibal, ISC CDM e o workshop Patrimonio Cíes. Promovido pola Conferencia de Decanos de Ciencias do Mar de España e as universidades de Vigo, Valencia, Gran Canaria, Barcelona, Cádiz e Alacante, CSIC e Instituto Español de Oceanografía, o ISMS conta tamén nesta edición coa colaboración do Concello de Vigo e das empresas CIfga e Oceomic. Este evento converteu Vigo no punto de encontro de investigadores, expertos e expertas, alumnado e profesionais do ámbito das ciencias de ata 74 cidades de países como España, Portugal, México, Colombia, Costa Rica, Arxentina, Chile, Perú, Reino Unido, Alemaña, Irlanda, Países Baixos, Brasil, Italia e Tunisia. Con 420 comunicacións e pósteres, o ISMS servirá de un escaparate dos avances científicos que se están a conseguir en distintos eidos.

https://www.uvigo.gal/es/node/162992



Project funded by the Spanish Ministry of Education within the framework of the Campus of International Excellence program and by the spanish Ministry of Economy and Competitiveness, within the National Plan for Scientific Research, Development and Technological Innovation.

X