Estudo da Universidade de Aveiro sinala lixo de actividades pesqueiras como ameaza para as aves mariñas na costa portuguesa

O lixo mariño, principalmente o material descartado ou perdido con orixe en actividades pesqueiras, ten consecuencias severas para a conservación das aves mariñas. A alerta é dun grupo de biólogos da Universidade de Aveiro (UA) que, durante dez anos, estudou as causas que levaron millares de aves feridas ou mortas até o centro de rehabilitación de animais mariños que actúa na costa centro de Portugal.

Durante o período de estudo (2008-2018) foron analizadas as 2918 aves mariñas de 32 especies que deron entrada no Centro de Reabilitação de Animais Marinhos do ECOMARE. Entre as causas de admisión das aves-entre elas, captura accidental, trauma, doenzas ou intoxicación- case 6,9 por cento (201 aves) traian sinais de enmarañamento. Destas, 82 por cento dos casos refírense a materiais relacionados coa pesca como anzois, liñas e redes.

Mais os números están moito alén da realidade. “Como só conseguimos contabilizar os animais emaranhados que conseguiram dar à costa ou sobreviveram o tempo suficiente para chegar à costa, o problema está consideravelmente subestimado”, apunta Rute Costa, bióloga do Centro de Estudos do Ambiente e do Mar, unha das unidades de investigación da UA.

“Não nos é possível quantificar o número exato de aves enredadas na costa centro, muito menos no total da costa nacional, mas podemos dizer que será certamente muito superior aos 6.9 por cento (201 aves) apresentado no estudo”, garante a coordinadora da investigación.

O contexto sinalan as investigadoras  é “preocupante”. Rute Costa apunta que “os valores apresentados neste estudo mostram claramente o impacto deste tipo de lixo nas aves marinhas e a importância para que o cenário encontrado seja modificado”.

Para diminuír o número de aves afectadas, nomeadamente polos materiais usados polos pescadores, aconsella “é necessária mais fiscalização por parte das autoridades”. Ademais  diso, acrecenta, “devem ser feitos mais esforços na consciencialização de pescadores principalmente para que os materiais particularmente perigosos, como resíduos de equipamentos de pesca, sejam eliminados de forma segura”.

vía: Universidade de Aveiro



Web y subwebs financiadas por:

Proyecto financiado por el Ministerio de Educación en el marco del programa Campus de Excelencia Internacional y por el Ministerio de Economía y Competitividad, dentro del Plan Nacional de Investigación Científica, Desarrollo e Innovación Tecnológica.

X