02 Ago O Campus do Mar esperta vocacións científicas entre alumnado de secundaria e bacharelato
O Campus do Mar recibiu a visita das ganadoras e ganadores do Concurso “Desafíos del Océano: científicas al mando”
O proxecto ‘Desafíos del Océano: científicas al mando’ busca promover vocacións científicas entre o alumnado mediante o concurso no marco o do proxecto “Desafíos del Océano: científicas al mando. Os e as ganadoras e ganadores foron alumnas do IESO Valdemedel, en Ribera del Fresno (Badajoz), e un alumno do IES Andrés Laguna de Segovia. Esta iniciativa, posta en marcha pola Universidade de Vigo a través do Campus do Mar e coa colaboración da Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología – Ministerio de Ciencia e Innovación, FECYT, ten como obxectivo dar a coñecer a investigación que desenvolven mulleres científicas das institucións que pertencen ao campus de excelencia internacional, mediante a realización dunha miniserie documental de 6 capítulos, centrados en 6 temáticas que constitúen desafíos para o futuro dos océanos e da humanidade. O proxecto, de xeito complementario inclúe tamen un concurso escolar dirixido a alumnado de primeiro de bacharelato de todos os centros educativos españois, que se celebrou esta semana.
Os 8 rapaces e rapazas ganaron grazas aos vídeos que elaboraron, cun grande rigor científico, explicando desde a súa perspectiva os retos aos que se enfrontan os océanos e a humanidade e as accións que eles e elas poden levar a cabo para afrontalos.
Como premio, estes alumnos e alumnas, xunto con 3 acompañantes, viaxaron até a cidade olívica para coñecer, de primeira man, o día a día do traballo de investigación científica mariña e participar, de forma activa, na miniserie, establecendo un diálogo entre as científicas e o alumnado participante.
A estadía de 3 días incluíu unha visita guiada ao Museo do Mar de Galicia, coñecer os laboratorios do CIM na ECIMAT e visitar os laboratorios das investigadoras que participan no proxecto: Celia Olabarria explicoulles na ECIMAT o seu traballo con algas invasoras; Begoña Díez, do grupo de investigación de Lucía Viñas, lles recibiu no Centro Oceanográfico de Vigo para descubrir o seu traballo en contaminación mariña e plásticos; Carmen González Sotelo recibiulles no seu laboratório do IIM CSIC onde faltaron de trazabilidade dos productos da pesca; Marta Álvarez, que ten o seu laboratorio en A Coruña, achegou-se tamén ao IIM CSIC para falarlles de acidificación oceánica e finalmente poideron achegarse ao traballo que se fai no laboratorio GEOMA con Ana Bernabeu. Este intenso programa complementou-se con lecer con tempo de praia e por último, descubrir e e valorar un dos nosos tesouros atlánticos: as illas Cíes.
O director do Campus do Mar, Daniel Rey, cualificou a experiencia moi positivamente, pois as e os alumnos “tiveron a oportunidade de coñecer como é o traballo diario nun centro de investigación e como é a vida dunha investigadora”.
O proxecto «Desafíos del Océano: científicas al mando» conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia y la Tecnología – Ministerio de Ciencia e Innovación.