ecimat, investigadores extranjeros

O Campus do Mar participa na V Semana das Ciencias de Ponteareas

Entre o 12 e o 16  de abril desenvólvese en Ponteareas a Semana das Ciencias, que nesta  quinta edición, e por causa do contexto global, terá na íntegra un formato online. Este evento é unha oportunidade para que o alumnado e profesorado  dos centros educativos da localidade se acheguen á realidade científica da man de persoas expertas que amosarán os seus  coñecementos en diferentes ámbitos. Como salienta a concelleira de Ensino, “a Semana das Ciencias sigue afondando na importancia da investigación e insistindo en achegar a ciencia á cidadanía”.

O Campus do Mar presentará a actividade baixo o título “ Mares e Océanos á deriva. Cambiando o rumbo coa ciencia”, integrada na súa estratexia de “ocean literacy”, e que impartirá Noelia Estévez Calvar, doutora en Ciencias do Mar, investigadora e xestora do Campus do Mar.

O programa complétase coa participación das profesoras da Facultade de Química do Campus de Ourense, Elena Falqué López e Mª Concepción Pérez Lamela que falarán das augas minerais naturais e as súas propiedades físico-químicas e coa profesora Patricia Puga Gómez quen falará sobre as plantas silvestres comestíbeis.

O evento, tamén,  inclúe un seminario para o profesorado centrado nas hortas escolares que impartirá persoa do CIFP “A Granxa”, e un congreso do alumnado, onde poderán presentar os  proxectos e investigacións realizados nos centros educativos.



Web y subwebs financiadas por:

Proyecto financiado por el Ministerio de Educación en el marco del programa Campus de Excelencia Internacional y por el Ministerio de Economía y Competitividad, dentro del Plan Nacional de Investigación Científica, Desarrollo e Innovación Tecnológica.

X