08 Jun Resolución do I Concurso de Debuxo e Fotografía «Océanos que unen»
Coincidindo coa celebración do Día Mundial dos Océanos, o Campus do Mar fai pública, hoxe día 8 de xuño, a resolución do I Concurso de Debuxo e Fotografía “Océanos que unen” que arrancaba o pasado mes de maio. Desde o Campus do Mar queremos salientar a calidade das obras presentadas e agradecer a todas as persoas participantes os seus contributos no certame. Tras reunirse o xurado, ditaminouse a seguinte resolución coas obras gañadoras nas diversas categorías.
No apartado de debuxo, a distribución dos premios foi:
Na categoría de 3-5 anos
1º Premio Carlos Traveso Pereira (4 anos)
2º Premio Mara Mariño Tato (5 anos)
3º Premio Alexandre Martínez Piñeiro (3 anos)
Na categoría de 6-8 anos
1º Premio Dylan Simões Rúa (8 anos)
2º Premio Alejandro Vieites Freire (8 anos)
3º Premio Ian Suárez Pinho (6 anos)
Na categoría de 9-12 anos
1º Premio Rita Álvarez Araújo (12 anos)
2º Premio Carlo Petrelli González (11 anos)
3º Premio Noelia Castro Sabariz (11 anos)
No apartado de debuxo, estaban estipulados os seguintes premios para cada unha das categorías de idade:
Primeiro Premio: Certificado de embaixador/a infantil do Campus do Mar, impresión do debuxo gañador en artigos de merchandising do Campus do Mar e agasallo de temática mariña.
Segundo Premio: Mención de honra e agasallo de temática mariña.
Terceiro Premio: Mención de honra e agasallo de temática mariña.
Así mesmo todos os gañadores gozarán dunha visita (acompañados por unha persoa adulta) á estación de Ciencias Mariñas de Toralla e entrega dun kit de agasallos do Campus do Mar.
No ámbito da fotografía sinalar que estaban establecidas as seguintes temáticas: Procesos mariños, Biodiversidade, O mar como fonte de recursos e economía azul, e O mar como lugar de unión e reunión. Para a franxa de idade entre 12 e 16 anos, o xurado, atendendo ao número de obras presentadas, decidiu entregar un único premio agrupando todas as categorías. O premio recaeu no traballo presentado por Joaquin Moreiras DaCosta.
Para a franxa etaria de máis de 16 anos, a resolución do xurado foi a seguinte:
No apartado de “Procesos mariños” resultou seleccionada co primeiro premio, Ana García Rivas coa obra titulada A beleza tamén é un proceso e que publicamos como imaxe principal.
Na categoría de “Biodiversidade”, foi galardoada a obra Vida submarina presentada por Cristina García Fernández.
A obra Para comer hai que dobrar o lombo de Pancracio Eguren Lages, resultou a gañadora no apartado “O mar como fonte de recursos e economía azul”.
Por último, no apartado de “O mar como lugar de unión e reunión”, a obra seleccionada foi Lecer de Ana Gamallo Costas.
Ana Gamallo Costas «Lecer» 1º premio da categoría – O mar como lugar de unión e reunión-Nesta categoría, cada unha das persoas gañadoras recibirá como premio un paseo en veleiro pola costa galega para dúas persoas.
Reiterar novamente o noso agradecemento pola vosa participación.