Campus do Mar colaborará con “Pontenciencia: Feira da Miniciencia” os días 31 de maio e 1 de xuño no Campus de Pontevedra da UVIGO

O Campus do Mar, a través do Grupo de Xeoloxía Mariña e Ambiental (XEOMA) da UVIGO e da Facultade de Ciencias do Mar e a Asociación de Oceanógrafos, participarán o día 31 de maio e 1 de xuño en Pontenciencia: Feira da Miniciencia.

Trátase dunha feira de proxectos de investigación escolar aberta ao público. Celebrarase no campus de Pontevedra da Universidade de Vigo, e está composta por:

  • Espazo expositivo: cos proxectos dos participantes e da comunidade universitaria.
  • Espazo de proxección audiovisual: cun programa de audiovisuais relacionados co mundo da investigación e da ciencia.
  • Espazo interactivo con actividades dirixidas a potenciar e dinamizar a feira, incluíndo opcións axeitadas a cada idade.

En concreto, XEOMA participará o vindeiro día 31 de maio cun obradoiro sobre Formación, dinámica e composición de praias. Os rapaces poderán aprender qué son as praias e cómo cambian ó longo do ano. Coñecerán o importante papel que xogan na dinámica litoral, cales son os sedimentos que as forman e darase a coñecer o traballo dos investigadores neste campo. Por último sensibilizarase sobre os riscos e ameazas ós que están expostas como consecuencia do cambio climático, as accións antropoxénicas no litoral e a contaminación mariña.

O sábado día 1 de xuño, a Asociación de Oceanógrafos e a Facultade de Ciencias do Mar organizarán unha actividade centrada na pesca sustentable coa finalidade de dar a coñecer a distribución de caladeros e zonas de pesca onde faena a flota española e que os rapaces identifiquen as tallas mínimas, aquelas especies de interese comercial así coma as máis pescadas nas nosas Rías.

Data e lugar: Escola de Enxeñería Forestal do Campus de Pontevedra: Venres 31 de maio e Sábado 1 de xuño de 2019

Este ano o evento inclúe coma novidade a visibilización das empresas do entorno, convidando a participar ás empresas que dentro das súas competencias desenvolven procesos de I+D+I.

Consulte o programa completo aquí

PONTENCIENCIA: Feria da Miniciencia está financiado por:

Fundación Española para la Ciencia y Tecnología FECYT- Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades

Participantes/ Colaboradores

Centros educativos do concello de Pontevedra

Campus Crea de Pontevedra

Universidade de Vigo

FANPA Federación Provincial de ANPA de Centros Públicos de Pontevedra

CIFP Carlos Oroza

Misión Biolóxica de Galicia- CSIC

Unidade de Cultura científica do CSIC en Galicia

Parque Nacional Marítimo- Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia

Campus do mar, Asociación de Oceanógrafos de Galicia, Grupo de Xeoloxía Marina e Ambiental (GEOMA) e Facultade de Ciencias do Mar da UVigo.

INCIPIT- CSIC

Grupo de investigación Divulgare da Universidade de Vigo

Cátedra de Cultura científica da Universidade do País Vasco

Universitat de Barcelona

Alberto Redondo Documentales

Viaqua

Orballo

Setga

Hifas da Terra

Cristalería Pontevedresa

Organización

Concello de Pontevedra



Proyecto financiado por el Ministerio de Educación en el marco del programa Campus de Excelencia Internacional y por el Ministerio de Economía y Competitividad, dentro del Plan Nacional de Investigación Científica, Desarrollo e Innovación Tecnológica.

X