
30 Mai Campus do Mar colaborará con “Pontenciencia: Feira da Miniciencia” os días 31 de maio e 1 de xuño no Campus de Pontevedra da UVIGO
O Campus do Mar, a través do Grupo de Xeoloxía Mariña e Ambiental (XEOMA) da UVIGO e da Facultade de Ciencias do Mar e a Asociación de Oceanógrafos, participarán o día 31 de maio e 1 de xuño en Pontenciencia: Feira da Miniciencia.
Trátase dunha feira de proxectos de investigación escolar aberta ao público. Celebrarase no campus de Pontevedra da Universidade de Vigo, e está composta por:
- Espazo expositivo: cos proxectos dos participantes e da comunidade universitaria.
- Espazo de proxección audiovisual: cun programa de audiovisuais relacionados co mundo da investigación e da ciencia.
- Espazo interactivo con actividades dirixidas a potenciar e dinamizar a feira, incluíndo opcións axeitadas a cada idade.
En concreto, XEOMA participará o vindeiro día 31 de maio cun obradoiro sobre Formación, dinámica e composición de praias. Os rapaces poderán aprender qué son as praias e cómo cambian ó longo do ano. Coñecerán o importante papel que xogan na dinámica litoral, cales son os sedimentos que as forman e darase a coñecer o traballo dos investigadores neste campo. Por último sensibilizarase sobre os riscos e ameazas ós que están expostas como consecuencia do cambio climático, as accións antropoxénicas no litoral e a contaminación mariña.
O sábado día 1 de xuño, a Asociación de Oceanógrafos e a Facultade de Ciencias do Mar organizarán unha actividade centrada na pesca sustentable coa finalidade de dar a coñecer a distribución de caladeros e zonas de pesca onde faena a flota española e que os rapaces identifiquen as tallas mínimas, aquelas especies de interese comercial así coma as máis pescadas nas nosas Rías.
Data e lugar: Escola de Enxeñería Forestal do Campus de Pontevedra: Venres 31 de maio e Sábado 1 de xuño de 2019
Este ano o evento inclúe coma novidade a visibilización das empresas do entorno, convidando a participar ás empresas que dentro das súas competencias desenvolven procesos de I+D+I.
Consulte o programa completo aquí
PONTENCIENCIA: Feria da Miniciencia está financiado por:
Fundación Española para la Ciencia y Tecnología FECYT- Ministerio de Ciencia, Innovación y Universidades
Participantes/ Colaboradores
Centros educativos do concello de Pontevedra
Campus Crea de Pontevedra
Universidade de Vigo
FANPA Federación Provincial de ANPA de Centros Públicos de Pontevedra
CIFP Carlos Oroza
Misión Biolóxica de Galicia- CSIC
Unidade de Cultura científica do CSIC en Galicia
Parque Nacional Marítimo- Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia
Campus do mar, Asociación de Oceanógrafos de Galicia, Grupo de Xeoloxía Marina e Ambiental (GEOMA) e Facultade de Ciencias do Mar da UVigo.
INCIPIT- CSIC
Grupo de investigación Divulgare da Universidade de Vigo
Cátedra de Cultura científica da Universidade do País Vasco
Universitat de Barcelona
Alberto Redondo Documentales
Viaqua
Orballo
Setga
Hifas da Terra
Cristalería Pontevedresa
Organización
Concello de Pontevedra