MARJOB

“MARJOB”, punto de encontro entre oferta e demanda de emprego mariño

 

Campus do Mar pon en marcha a iniciativa MARJOB co obxectivo de pór en contacto a ofertantes e demandantes de emprego e bolsas de formación no campo das ciencias, as tecnoloxías e a xestión relacionadas co mar.

Os demandantes de emprego atoparán en MARJOB unha ferramenta de procura de todo tipo de ofertas relacionadas co mar, clasificadas por área, titulación requirida, localización, etc.

As empresas, institucións ou grupos de investigación ofertantes de emprego ou bolsas de formación teñen a súa disposición, de xeito gratuíto, un espazo a través do que poderán difundir as súas ofertas, aumentando o impacto das mesmas.

Contacto: marjob@campusdomar.es

Listaxe de ofertas

Proxecto financiado polo Ministerio de Educación no marco do programa Campus de Excelencia Internacional e polo Ministerio de Economía e Competitividade, dentro do Plan Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica.

X