O Campus do Mar colabora con Afundación nun ciclo de conferencias para conmemorar o Día Mundial dos Océanos

Co gallo da celebración do Día do Medioambiente (ODS 13: Acción polo clima) que se celebrará o 5 de xuño, e o Día dos Océanos, 8 de xuño (ODS 14: Vida submarina), Afundación lanza o proxecto «Semana del Medioambiente y los Océanos» a través do cal potenciarán un modelo de educación transformadora asentado na innovación, internacionalización e multiculturalidade, sostibilidade e boas prácticas. Neste senso, articularán ese proxecto que ten por obxectivo concienciar, movilizar e unir á sociedade respecto á acción ambiental e a xestión sostible dos océanos. O mes de xuño estará adicado íntegramente ó medioambiente e os océanos e organizaran un ciclo de conferencias e mesas redondas virtuais https://bit.ly/30a3pmN no que colaborará o Campus do Mar e investigadores do Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo.

Grazas a colaboración do Campus do Mar con Afundación, tres xoves promesas do Centro de Investigación Mariña van dar a coñecer o seu traballo dun xeito divulgativo e animado grazas a tres relatorios dirixidos a todo o público. O primeiro deles terá lugar o martes, 9 de xuño e correrá da man de Alberto Gutiérrez, investigador predoutoral do Grupo de Oceanografía Biolóxica do CIM-Uvigo. Alberto nos fará  viaxar ata o mar para darnos un baño e mentras tanto pensar sobre a diversidade que nos rodea; algas, caranguexos ou mesmo mexilóns….pero…alguén se parou a pensar que diversidade pode haber na mesma auga de mar?  Escoitastes falar dos microorganismos e…sabedes cantos miles de microorganismos pode haber nun mililitro de auga de mar? E cantos deses microorganismos son bacterias? Darémoslle resposta a todas esas cuestións o vindeiro 9 de xuño ás 18.00 h.

Uns días máis tarde, o martes, 23 de xuño á mesma hora, Luis Paulo Alcaraz, investigador predoutoral tamén do Grupo de Oceanografía Biolóxica do Cim-Uvigo, vainos falar do importante rolo que xoga o fitoplancton no cambiamento climático. O fitoplancton é o principal productor primario dos ecosistemas mariños, producindo ó redor do 50% do osíxeno do mundo a través do proceso de fotosíntesis. Paulo vai compartir connosco o seu traballo centrado en estudar a capacidade de resposta do fitoplancton fronte os cambios ambientais inducidos pola actividade humana, un aspecto clave para comprender as futuras repercusións sobre como funcionan os ecosistemas mariños a nivel global.

Por último, Tania Ballesteros pechará o ciclo de conferencias cunha presentación o martes, 30 de xuño ás 18.00 h. Ela nos falará do cogombro ou tamén chamado “carallo de mar”. Faremos un repaso sobre as características externas deste animal mariño e que como di a relatora “non ten nada que envidiar ós modelos 60-90-60”, e tamén falaremos dos seus superpoderes, dos tipos de reproducción que teñen estes organismos e coñeceremos algunhas das curiosidades que lles rodean.

Agardámosvos! Podedes seguir os relatorios online a través de www.campusdomar.gal



Project funded by the Spanish Ministry of Education within the framework of the Campus of International Excellence program and by the spanish Ministry of Economy and Competitiveness, within the National Plan for Scientific Research, Development and Technological Innovation.

X