Understanding community dynamics between species and habitats: Two projects – one goal. Nova sesión do ciclo Café con Sal

O martes 20 de outubro, Catarina Alves e Marisa Gomes, investigadoras predoutorais do Grupo de Investigación  Ecosystems and Global Change do CBMA da Universidade de Minho, presentarán dentro do programa Café con Sal o relatorio Understanding community dynamics between species and habitats: Two projects – one goal.

As consecuencias da perda de biodiversidade e os cambios na estrutura das comunidades seguen sendo difíciles de predicir, dada a complexidade das interaccións entre as especies e a dependencia dos seus roles funcionais dentro dos ecosistemas. Explorar os aspectos funcionais e estruturais das comunidades bentónicas e demersais en ambientes submareais brinda a oportunidade perfecta para mellorar a comprensión dos seus patróns de distribución e a súa dinámica dentro do ecosistema.

Neste contexto englóbanse o proxectos de Catarina Alves e o de Marisa Gomes, titulados The influence of habitat conditions on key ecological processes for marine benthic fauna (HIIC) e The role of Zostera meadows in the distribution of demersal and benthopelagic marine animals (ZICA), respectivamente. O obxectivo común de ambos proxectos, supervisados ​​por Pedro Gomes (CBMA, Universidade do Minho) e Jesús Troncoso (Ecocost, CIM-UVigo), é o de ampliar o coñecemento da influencia das diferentes condicións do hábitat no bentos e nas comunidades demersais, desenvolendo así mesmo a caracterización da súa composición e dinámica. As investigadoras predoctorais examinarán a evolución das comunidades bentónicas a través da análise do proceso de colonización e analizarán a fondo patróns como a distribución de trazos dentro do ecosistema.

Durante a súa conferencia, as poñentes presentarán a posta en marcha e obxectivos de ambos proxectos así como dos retos a abordar no futuro neste campo.

Os traballos presentados están financiados polo programa ASSEMBLE PLUS e forman parte das teses de doutoramento de Catarina e Marisa (programa de doutoramento DO * MAR), financiados pola FCT – Fundação para a Ciência ea Tecnologia (PD/ BD/150365/2019) e polos proxectos NextSea (ref. NORTE-01-0145-FEDER-000032) e Atlantida (NORTE-01-0145 -FEDER-000040).

A conferencia será realizada de xeito virtual, sendo retransmimtida en directo través do Campus Remoto da Universidade de Vigo. Para acceder, siga as seguintes intruccións:

  1. Premer a URL de acceso á sala virtual ” S00-Auditorio Principal”: https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/928607699
  2. Acceder como estudante coa seguinte contrasinal:  6rAsLWyz
  3. Seleccionar a modalidade de acceso con micrófono e silenciar o mesmo ata o turno de preguntas.

O relatorio estará dispoñible de forma permanente nas webs e canais do CIM-UVigo e UVigoTV.



Project funded by the Spanish Ministry of Education within the framework of the Campus of International Excellence program and by the spanish Ministry of Economy and Competitiveness, within the National Plan for Scientific Research, Development and Technological Innovation.

X