19 Out Understanding community dynamics between species and habitats: Two projects – one goal. Nova sesión do ciclo Café con Sal
O martes 20 de outubro, Catarina Alves e Marisa Gomes, investigadoras predoutorais do Grupo de Investigación Ecosystems and Global Change do CBMA da Universidade de Minho, presentarán dentro do programa Café con Sal o relatorio Understanding community dynamics between species and habitats: Two projects – one goal.
As consecuencias da perda de biodiversidade e os cambios na estrutura das comunidades seguen sendo difíciles de predicir, dada a complexidade das interaccións entre as especies e a dependencia dos seus roles funcionais dentro dos ecosistemas. Explorar os aspectos funcionais e estruturais das comunidades bentónicas e demersais en ambientes submareais brinda a oportunidade perfecta para mellorar a comprensión dos seus patróns de distribución e a súa dinámica dentro do ecosistema.
Neste contexto englóbanse o proxectos de Catarina Alves e o de Marisa Gomes, titulados The influence of habitat conditions on key ecological processes for marine benthic fauna (HIIC) e The role of Zostera meadows in the distribution of demersal and benthopelagic marine animals (ZICA), respectivamente. O obxectivo común de ambos proxectos, supervisados por Pedro Gomes (CBMA, Universidade do Minho) e Jesús Troncoso (Ecocost, CIM-UVigo), é o de ampliar o coñecemento da influencia das diferentes condicións do hábitat no bentos e nas comunidades demersais, desenvolendo así mesmo a caracterización da súa composición e dinámica. As investigadoras predoctorais examinarán a evolución das comunidades bentónicas a través da análise do proceso de colonización e analizarán a fondo patróns como a distribución de trazos dentro do ecosistema.
Durante a súa conferencia, as poñentes presentarán a posta en marcha e obxectivos de ambos proxectos así como dos retos a abordar no futuro neste campo.
Os traballos presentados están financiados polo programa ASSEMBLE PLUS e forman parte das teses de doutoramento de Catarina e Marisa (programa de doutoramento DO * MAR), financiados pola FCT – Fundação para a Ciência ea Tecnologia (PD/ BD/150365/2019) e polos proxectos NextSea (ref. NORTE-01-0145-FEDER-000032) e Atlantida (NORTE-01-0145 -FEDER-000040).
A conferencia será realizada de xeito virtual, sendo retransmimtida en directo través do Campus Remoto da Universidade de Vigo. Para acceder, siga as seguintes intruccións:
- Premer a URL de acceso á sala virtual ” S00-Auditorio Principal”: https://campusremotouvigo.gal/access/public/meeting/928607699
- Acceder como estudante coa seguinte contrasinal: 6rAsLWyz
- Seleccionar a modalidade de acceso con micrófono e silenciar o mesmo ata o turno de preguntas.
O relatorio estará dispoñible de forma permanente nas webs e canais do CIM-UVigo e UVigoTV.