septiembre, 2022

16sep12:00 am1:00 pmPresentación da mini-serie documental "Desafíos del océano: científicas al mando"

Más

Detalles del evento

Presentación de «Desafíos del Océano: Científicas al Mando” miniserie documental de 6 capítulos realizada no marco do proxecto Desafíos del Océano: científicas al mando | Ocean Challenges: women scientists in charge.

Trátase dun proxecto do Campus de Excelencia Internacional – Campus do Mar liderado pola Universidade de Vigo e financiado no marco da Convocatoria de ayudas para el Fomento de la Cultura Científica, Tecnológica y de la Innovación de la Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología, que nace co obxectivo de dar a coñecer a investigación que as mulleres científicas das institucións que pertencen ao CEI Campus do Mar desenvolven arredor de temas de candente actualidade das ciencias do mar a nivel mundial e que constitúen retos futuros para os océanos, o planeta e a humanidade.

Os diferentes episodios centraranse arredor de 6 áreas de investigación mariña de talla mundial. A miniserie documental permitirá achegarse, informar, difundir e concienciar á sociedade actual sobre a relevancia destes retos e animar á cidadanía a formar parte do necesario cambio de hábitos de cara ao desenvolvemento sostible. Os desafíos oceánicos seleccionados son tamén as áreas de especialización dos científicos participantes:
Especies invasoras, coa doutora Celia Olabarría do Centro de Investigacións Mariñas da Universidade de Vigo
Plásticos mariños, coa doutora Lucía Viñas do Instituto Español de Oceanografía
Erosión costeira, coa doutora Ana Bernabeu do Centro de Investigacións Mariñas da Universidade de Vigo
Acidificación dos océanos, coa doutora Marta Álvarez do Instituto Español de Oceanografía
Eventos extremos, coa doutora Silvia Torres do Centro Tecnolóxico do Mar CETMAR
Sostibilidade da pesca, coa doutora Carmen González Sotelo do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC

Agardámosvos o vindeiro venres, 16 de setembro ás 12.00 h no Edificio Redeiras da UVigo! Se non podedes acudir de xeito presencial, poderedes seguilo tamén de maneira virtual. En ámbolos casos será preciso inscribirse no seguinte enlace: http://desafios.campusdomar.gal/inscricion/

Hora

(Viernes) 12:00 am - 1:00 pm

Lugar

Edificio Redeiras,

Organizador

Universidade de Vigo - Campus do Mar+34 986 13 02 56 Edificio Filomena Dato, Campus Lagoas Marcosende, Vigo

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.

Proxecto financiado polo Ministerio de Educación no marco do programa Campus de Excelencia Internacional e polo Ministerio de Economía e Competitividade, dentro do Plan Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica.

X