xuño, 2021

8xuñ12:00 am- 1:00 pmScientists meet Artists

Máis

Detalles do evento

Con gallo do Día Mundial dos Océanos, o Campus de Excelencia Internacional · Campus do Mar organiza o martes, 8 de xuño ás 12.00 h un evento virtual de presentación da iniciativa “Scientists meet Artists” promovida polo Campus do Mar e o Centro de Investigación Mariña da Universidade de Vigo. No evento estarán presentes os protagonistas deste proxecto: 12 profesionais vinculados ó campo da ilustración que desenvolven o seu traballo en España e Portugal e 12 investigadores e investigadoras do Campus do Mar pertencentes ás universidades de Santiago de Compostela, Minho (Portugal) e Vigo e o Instituto Español de Oceanografía.  As 12 parellas de ilustradores/as e investigadores/as estiveron colaborando nos últimos meses para dar vida a 12 láminas ilustrativas creadas e deseñadas para difundir coñecemento científico sobre o medio marino co fin de promover a alfabetización oceánica da sociedade, especialmente dos máis pequenos.

Agardámoste o vindeiro día 8 xuño para conmemorar o Día Mundial dos Océanos.

Inscrición previa necesaria enchendo este formulario

Para calquera consulta, non dubides en nos contactar a través de campusmar@uvigo.es ou no 986 13 02 56 (9.00 h -14.30 h)

Este evento está auspiciado polas Nacións Unidas coma actividade incluida dentro do Programa do Decenio das Ciencias Oceánicas para o Desenvolvemento Sostible.

 

Con motivo del Día Mundial de los Océanos, el Campus de Excelencia Internacional · Campus do Mar organiza el martes, 8 de junio a las 12.00 h un evento virtual de presentación de la iniciativa “Scientists meet Artists” promovida por el Campus do Mar y el Centro de Investigación Mariña de la Universidade de Vigo. En el evento estarán presentes los protagonistas de este proyecto: 12 profesionales vinculados al campo de la ilustración que desarrollan su trabajo en España y Portugal y 12 investigadores e investigadoras del Campus do Mar pertenecientes a las universidades de Santiago de Compostela, Minho (Portugal) y Vigo y al Instituto Español de Oceanografía.  Las 12 parejas de ilustradores/as e investigadores/as han estado colaborando en los últimos meses para dar vida a 12 láminas ilustrativas creadas y diseñadas para difundir conocimiento científico sobre el medio marino con el fin de promover la alfabetización oceánica de la sociedad, especialmente de los más pequeños.

Te esperamos el próximo día 8 de junio para conmemorar el Día Mundial de los Océanos.

Inscripción previa necesaria rellenando este formulario

Para cualquier consulta, no dudes en contactarnos a través de campusmar@uvigo.es o en el 986 13 02 56 (9.00 h -14.30 h)

Este evento está auspiciado por las Naciones Unidas como  actividad incluida dentro del Programa del Decenio de las Ciencias Oceánicas para el Desarrollo Sostenible

Hora

(Martes) 12:00 am - 1:00 pm

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.

Proxecto financiado polo Ministerio de Educación no marco do programa Campus de Excelencia Internacional e polo Ministerio de Economía e Competitividade, dentro do Plan Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica.

X