O ISMS 2018 reunirá máis de 400 participantes entre o 20 e o 22 de xuño
O Seminario Ibérico de Química Mariña, o Encontro de Oceanografía Física, a Reunión Ibérica de Fitoplancto Tóxico, a International Science Conference do Campus do Mar, o Workshop Patrimonio Cíes o propio Internacional Symposium on Marine Science, ISMS 2018, reunirán en Vigo, entre os días 20 ao 22 de xuño, a preto de 400 participantes, co obxectivo de aglutinar todo o coñecemento científico de interese internacional no ámbito das ciencias mariñas. A sexta edición do ISMS, que tamén servirá ao estudantado de grao, mestrado e doutoramento para expoñer os seus primeiros traballos científicos, foi presentado este mediodía nun acto, no que o reitor da Universidade de Vigo e o alcalde de Vigo, destacaron a relevancia do evento, que Mato definiu como “o congreso dos congresos”. A decana da Facultade de Ciencias do Mar da Universidade de Vigo, Belén Rubio, que xunto as súas homólogas e homólogos das universidades de Las Palmas de Gran Canaria, Cádiz, Valencia, Alacante e Barcelona, encárgase da organización deste evento, incidiu na importancia dun simposio “que é o único de ciencias do mar que se realiza en España e no que están representadas as seis universidades nas que se imparte esta titulación”, explicou a responsable do centro, que estivo acompañada na presentación de hoxe polo director e a responsable de Captación de Talento de Campus do Mar, Emilio Fernández e Elsa Vázquez, respectivamente, así como por representantes do Instituto Español de Oceanografía e do Instituto de Investigacións Mariñas-CSIC, que xunto ao Concello de Vigo, colaboran na organización do simposio internacional, que se celebrará no Auditorio Mar de Vigo.
“O simposio representa un punto de encontro entre investigadores que traballamos no avance das distintas disciplinas que conforman as ciencias mariñas e supón facer unha análise profunda e rigorosa de cara a onde deben encamiñarse as actuacións para aproveitar o potencial que teñen os océanos para o crecemento e o desenvolvemento, con particular interese nas costas, pola alta densidade de poboación que nelas se asenta”, explicou Rubio, que destacou a gran multidisciplinariedade das áreas temáticas que se abordarán nos diferentes congresos e que van da modelización oceánica ou a saúde dos ecosistemas mariños, á xeoloxía mariña e a conservación e xestión de recursos vivos e xeolóxicos, pasando polas tecnoloxías para a observación dos océanos.
Posted at 08:34h
in
Noticias
Doce proxectos empresariais de base tecnolóxica do ámbito mariño-marítimo de Galicia e o norte de Portugal van recibir apoio para a súa valorización...
Posted at 08:51h
in
Noticias
citados areais galegos e sacar unha foto co teléfono móbil, para despois subila á redes sociais do proxecto ou enviala aos investigadores. Ata...
Posted at 07:29h
in
Noticias
O proxecto europeo MarENet - Atlantic Maritime Ecosystem Network- coordinado polo Campus do Mar fíxose este xoves cun dos Atlantic Project Awards, os...
Posted at 08:27h
in
Noticias
A Universidade de Vigo volve estar representada nos Atlantic Project Awards, con tres proxectos seleccionados nos que participan investigadores do Centro de Investigación...
Posted at 10:01h
in
Noticias
A Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte acolle a sexta edición da Xornada sobre bo uso e mal uso do mar,...
Posted at 11:41h
in
Noticias
O deseño de estratexias de alimentación máis eficientes é un dos grandes retos aos que se enfronta a acuicultura á hora de producir...
Posted at 09:15h
in
Noticias
O lixo mariño, principalmente o material descartado ou perdido con orixe en actividades pesqueiras, ten consecuencias severas para a conservación das aves mariñas....
Posted at 07:25h
in
Noticias
O martes 20 de outubro, Catarina Alves e Marisa Gomes, investigadoras predoutorais do Grupo de Investigación Ecosystems and Global Change do CBMA da...
Posted at 07:36h
in
Noticias
O proxecto SEEBug está a ser desenvolvido no Centro de Estudos do Ambiente e do Mar (CESAM) da Universidade de Aveiro (UA), sob...
Posted at 11:44h
in
Noticias
A pesca accidental, as capturas de especies non obxectivo, ten significado unha ameaza para mamíferos mariños, aves mariñas, e quenllas nas últimas décadas....