Nova actividade da #ScientistsmeetArtists, unha conversa arredor das ciencias mariñas e as artes. O evento servirá, tamén, de presentación do calendario 2022.
O evento realizarase na nova sede da Uvigo, Edificio Redeiras. Ribeira do Berbés.
Para poder asistir é necesaria inscrición a través deste enlace: https://secretaria.uvigo.gal/…/encuesta/cubrir_paso4/8931
Programa do evento
18h00 Apertura
Mónica Valderrama (Vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais da Uvigo), Mª Belén Rubio (Vicerreitora de Investigación da Uvigo) e Daniel Rey (Director do Campus do Mar e Centro de Investigación Mariña da Uvigo)
18h15 Presentación do proxecto Scientists meet Artists
Noelia Estévez (Técnico de I+D+I da Uvigo – Campus do Mar)
18h30 Faladoiro aberto “Comunicando o océano” coas participantes en “Scientists meet Artists”
19h00 Entrega de agasallos ás persoas asistentes
19h15 Peche

 

Proxecto financiado polo Ministerio de Educación no marco do programa Campus de Excelencia Internacional e polo Ministerio de Economía e Competitividade, dentro do Plan Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica.

X