O obxectivo xeral do proxecto BLUEFISHING TRAINING consiste en promover enfoques innovadores para fortalecer a cooperación entre a industria do sector pesqueiro extractivo e comunidade científica, fortalecendo a transferencia de experiencias/coñecemento en materia de formación, investigación e innovación para reforzar a competitividade do sector ao redor da pesca sostible. Para iso, o proxecto céntrase en actualizar e promocionar a cualificación dos profesionais do sector pesqueiro e a súa adaptabilidade ao mercado laboral cara ao mantemento da empregabilidade e á mellora da súa progresión e crecemento profesional, baseado nun diagnóstico sectorial que permita desenvolver un Plan de Cooperación Sectorial sobre Capacidades integrando prácticas innovadoras e a adquisición de novas competencias profesionais relacionado coa actividade pesqueira extractiva.
Este obxectivo xeral desagrégase nunha serie de obxectivos específicos:
Este proxecto execútase baixo o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU a través da Secretaría General de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación segundo as directrices do RD 1155/21, PRTR.