Logo_proyecto BFT

Documentos para a súa descarga

  • Descárgate las guías temáticas

    Guía Temática del Sector de Pesca Artesanal
    Guía Temática del Sector de Pesca de Altura
    Guía Temática del Sector de Comercialización, Logística y Formación Transversal
  • Descárgate el artículo divulgativo

    Fortaleciendo la pesca sostenible en el Atlántico: BlueFishing Training como ejemplo de profesionalización y cooperación en la cadena de valor del sector

O obxectivo xeral do proxecto BLUEFISHING TRAINING consiste en promover enfoques innovadores para fortalecer a cooperación entre a industria do sector pesqueiro extractivo e comunidade científica, fortalecendo a transferencia de experiencias/coñecemento en materia de formación, investigación e innovación para reforzar a competitividade do sector ao redor da pesca sostible. Para iso, o proxecto céntrase en actualizar e promocionar a cualificación dos profesionais do sector pesqueiro e a súa adaptabilidade ao mercado laboral cara ao mantemento da empregabilidade e á mellora da súa progresión e crecemento profesional, baseado nun diagnóstico sectorial que permita desenvolver un Plan de Cooperación Sectorial sobre Capacidades integrando prácticas innovadoras e a adquisición de novas competencias profesionais relacionado coa actividade pesqueira extractiva.

 

Este obxectivo xeral desagrégase nunha serie de obxectivos específicos:

 

  1. Promover marcos estruturados de colaboración entre a industria e a educación no sector pesqueiro extractivo.
  2. Identificar as necesidades e oportunidades de mellora nos programas de formación actuais.
  3. Implicar ao sector empresarial na formación e especialización, actualización da formación profesional, de novas competencias profesionais e da formación permanente.
  4. Orientar a formación á práctica a través de modelos de aprendizaxes cualitativas, fomentando unha aprendizaxe baseada no traballo práctico.
  5. Desenvolver prácticas innovadoras, adquisición de novas competencias profesionais e redución do impacto ambiental relacionado coa actividade acuícola.
  6. Mellorar a competitividade do sector pesqueiro a través de formación especializada dos profesionais do sector sobre os últimos avances tecnolóxicos e de mercado, permitindo dar resposta ás necesidades do mercado laboral.
  7. Fomentar a divulgación e a participación social.

 

 

Este proxecto execútase baixo o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU a través da Secretaría General de Pesca do Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación segundo as directrices do RD 1155/21, PRTR.

Cintillo_Financiadores

 

Proxecto financiado polo Ministerio de Educación no marco do programa Campus de Excelencia Internacional e polo Ministerio de Economía e Competitividade, dentro do Plan Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica.

X