xaneiro, 2023

26xan - 9febxan 268:00 pmfeb 9Ciclo divulgativo 'Desafíos do Océano: Científicas ao mando'

Máis

Detalles do evento

“Desafíos do Océano: Científicas ao mando” é un proxecto para dar a coñecer as investigacións de mulleres ao redor dos desafíos de futuro para os océanos, o planeta e a humanidade.

 

O ciclo divulgativo empezará o xoves 26 de xaneiro á 20 horas e contará coa proxección de tres dos vídeos da miniserie producida por Campus del Mar en colaboración coa Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) – Ministerio de Ciencia e Innovación. Nel intervirá de xeito online unha das súas protagonistas: a investigadora do Instituto Español de Oceanografía (IEO), Lucía Viñas, que falará sobre os microplásticos.

 

As que participen na segunda sesión do ciclo divulgativo, que terá lugar o xoves 9 de febreiro ás 20 horas, serán a investigadora do CIM-UVigo, Ana Berbabeu, xunto con Marta Álvarez (IEO) e Silvia Torres (Fundación CETMAR), que abordarán temáticas como a erosión costeira, a acidificación oceánica e os eventos extremos.

 

Os eventos poderán seguirse a través de Google Meet:

Xoves, 26 de xaneiro · 20:00-21:30
Ligazón para unirse en Google Meet: https://meet.google.com/yzp-zncb-fth

Xoves, 9 de febreiro · 20:00-21:30
Ligazón para unirse en Google Meet: https://meet.google.com/inx-andw-xrw

 

Hora

Xaneiro 26 (Xoves) 8:00 pm - Febreiro 9 (Xoves) 9:30 pm

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.

Proxecto financiado polo Ministerio de Educación no marco do programa Campus de Excelencia Internacional e polo Ministerio de Economía e Competitividade, dentro do Plan Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica.

X