novembro, 2023

13nov5:00 pm- 6:00 pmConexión en directo coa artista Elena Alonso Fernandez dende o buque oceanográfico Falkor (too)A bordo da expedición Ultra fine-scale seafloor mapping nas Illas Galápagos

Máis

Detalles do evento

Descobre o fascinante mundo da ciencia e a arte no océano profundo co Campus do Mar! Como parte da súa innovadora iniciativa Scientists meet Artists,  comprácenos invitarte a unha conexión en directo coa recoñecida artista Elena Alonso Fernández. Imaxina estar a bordo do buque oceanográfico Falkor (too) do Schmidt Ocean Institute, xunto a esta artista residenta na expedición “Ultra fine-scale seafloor mapping”.

Elena Alsonso Fernández é unha artista visual de Vigo que traballa na intersección da pintura e a arte participativa. A artista explora o potencial contemporáneo do retrato a través de enfoques participativos que permiten a humanos e non humanos converterse en co-creadores activos da súa representación. O seu proxecto máis recente “Portrait of a kelp forest” céntrase na importancia dos bosques de laminarias galegos, colaborando con biólogos mariños, comunidades costeiras da Ría de Vigo e unha alga. Durante a súa estancia a bordo do Falkor (too) do Schmidt Ocean Institute, Alonso realiza a súa nova investigación interdisciplinar sobre os ecosistemas de augas profundas e a importancia ecolóxica dos respiraderos hidrotermais. A expedición liderada polo Dr. John Jamieson céntrase no estudo de respiraderos activos e non activos na área do Parque Nacional de Galápagos https://schmidtocean.org/cruise/ultra-fine-scale-seafloor-mapping/

Elena estudou Belas Artes nas Universidades de Salmanca, Helsinqui e Barcelona. En 2018 se graduou no máster de posgraduado “Art in Context” da Universidade das Artes de Berlín (UdK) co Prof. Dr. Jörg Heiser. A súa obra expúxose na New Media Society de Teherán, o Festival AHNE de Helsinqui, durante a XIII Bienal da Habana e en varias exposicións colectivas e individuais en Berlín, onde vive e traballa desde 2011.

Invitamoste a adentrarte na vida a bordo dunha expedición oceanográfica e a explorar a singular sinerxia entre Ciencia e Arte da man desta recoñecida artista viguesa.

Inscricións en: https://tinyurl.com/y2n6c2n6

Hora

(Luns) 5:00 pm - 6:00 pm CET

Ubicación

Online

Organizador

Universidade de Vigo - Campus do Mar+34 986 13 02 56 Edificio Filomena Dato, Campus Lagoas Marcosende, Vigo

No Comments

Sorry, the comment form is closed at this time.

Proxecto financiado polo Ministerio de Educación no marco do programa Campus de Excelencia Internacional e polo Ministerio de Economía e Competitividade, dentro do Plan Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica.

X