abril, 2018

17abr7:00 pm11:50 pmMesa redonda: Investigación galega na Antártida

Más

Detalles del evento

O vindeiro martes, 17 de abril, ás 19 horas, teremos unha mesa redonda (Casa galega da cultura, Praza da Princesa, Vigo) onde poderemos escoitar a diversas investigadoras galegas falando da súa experiencia nas expedicións científicas á Antártida nas que participaron.

Segundo a súa propia proposta teñen pensado falar e expoñer os seus pensamentos e experiencias arredor do cambio climático, a biodiversidade, a vida no mar e no xeo e, en xeral, da apaixonante aventura da Ciencia.
Os investigadores invitados son, por orde alfabética:
  • Carmen Piñeiro, doutora en Bioloxía, investigadora do Instituto Español de Oceanografía, pioneira da Antártida, participou na Primeira Expedición Científica 1986/87 e na Expedición Antártida 9101.
  • Ana Ramos, bióloga, pioneira da Antártida na Primeira Expedición Científica 1986/87, investigadora do Instituto Español de Oceanografía.
  • Jesús Troncoso, zoólogo, director da Estación de Ciencias Mariñas de Toralla da Universidade de Vigo, membro do Proxecto DECALDEC (Descomposición de algas en Illa Decepción, campaña 2016/17).
  • Augusto Pérez Alberti, catedrático de Xeografía Física, membro do proxecto Cronoantar (Evolución glaciar desde o Último Máximo Glaciar nas illas King George e Livingston, 2018).
  • Actuará como moderador Valentín Carrera, xornalista, cronista da Primeira e da XXX Expedición Científica Española á Antártida autor de La aventura de la ciencia en la Antártida (MINEICO, 2017).

Hora

(Martes) 7:00 pm - 11:50 pm

Lugar

Casa Galega da Cultura, Vigo

No Comments

Post A Comment

Proxecto financiado polo Ministerio de Educación no marco do programa Campus de Excelencia Internacional e polo Ministerio de Economía e Competitividade, dentro do Plan Nacional de Investigación Científica, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica.

X